Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
9/2/2009

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Cursos prácticos de mecánica para automóbil. Foto © Xurxo Martínez Crespo
O voto emigrante: Faro de Vigo mente
Móvemonos. Foto © Xurxo Martínez Crespo

O venres 30 de xaneiro Faro de Vigo colocaba na súa portada a seguinte noticia: La Junta Electoral desoye al PSOE y ratifica que los emigrantes sin DNI no podrán votar. A noticia, tendenciosa, non pode ser peor desenvolvida no interior do xornal, cando asegura que só con documento de identidade (DI) ou pasaporte español poderá o elector exercer o seu dereito a voto.

A Xunta Electoral Central sabe que moitos dos electores residentes no estranxeiro non estiveron nunca no Estado español, polo tanto non poden ter DI, xa que non se expide no estranxeiro. Tamén sabe que moitos non teñen pasaporte español pois, como nunca viaxaron, non lles fai falta ou o fan cos pasaportes da outra nacionalidade que posúen. Por iso, loxicamente, a Xunta Electoral engadiu aos dous documentos anteriores un terceiro como proba da personalidade do voto, que é un certificado de nacionalidade expedido polo consulado español no lugar de residencia, documento que non cita Faro de Vigo.

Este último documento, gratuíto, sería por lóxica o máis utilizado para exercer o dereito ao voto. Faro de Vigo non o cita, non sei se por descoñecemento ou intencionadamente, facendo ver que o dereito ao voto dos emigrantes vai estar suxeito a un documento coma o DI, que non poden ter ou ao dun pasaporte que, de non telo, non terían, de aquí ao 1 de marzo, posibilidade de conseguilo nos países con maior cantidade de electores e, polo tanto, quedarían sen votar por un “capricho” da Xunta Electoral Central.

Esta forma retorcida de mentir na prensa galega e española está tan xeneralizada que asumimos como normal que a prensa desinforme máis que informe ou que da opinión cree unha información.

O anonimato da redacción axuda no cometido xunto con outros sonados anonimatos como son os dos editoriais.

A exixencia dunha indentificación no voto é para evitar unha fraude e non para impedir que os electores residentes no estranxeiro poidan votar. A redución dos documentos para identificarse a DI e pasaporte, sen mencionar o certificado de nacionalidade, non é máis que un esforzo por parte do Faro de Vigo de confundir máis a opinión pública, tanto galega como a residente no exterior que, despois de ler a noticia crerá, con toda a razón, que a exixencia dos únicos dous documentos que sinala Faro de Vigo ten como finalidade impedirlle o voto.

Chapeau por Faro de Vigo, “ estao facendo moi ben” que dicía a canción.

[9 de febreiro de 2009]

cig.prensa@galizacig.com