Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 8/9/2009
Pola súa banda, a empresa, situada en Narón, recoñece a improcedencia do despedimento mentres subcontrata os traballos con unha compañía auxiliar.
Para a CIG-Metal de Ferrol, esta actuación representa unha clara represalia sindical contra un grupo de traballadores que veñen destacándose pola defensa da súa dignidade profesional, primeiro reivindicando un convenio colectivo propio, axeitado á realidade do seu traballo, asinado despois dun ano de conflito, e defendendo os seus postos de traballo contra as tentativas da empresa de externalizar a actividade, xusto ás portas dunha nova negociación.
Dende a Federación do Metal de Ferrol xa anunciaron que o traballador vai recorrer o despedimento diante da xurisdición social, solicitando que se declare a nulidade do mesmo. Así mesmo, os compañeiros e compañeiras da CIG-Metal, en solidariedade co afectado e os demais operarios de Electra del Narahio, iniciarán concentracións diante da sede empresarial en Vista Alegre.
1