Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 23/10/2009
Será o próximo mércores nos Salesianos ás 19.30 da tarde
CIG-Metal convoca unha asemblea de afiliados/as e simpatizantes para o 28 de outubro para analizar o preacordo do convenio
A Federación do Metal da CIG convoca unha asemblea de afiliados e afiliadas, asi como simpatizantes que terá lugar o vindeiro mércores 28 de outubro ás 19.30 horas no Cine Salesianos, na rúa Venezuela número 3, para tratar como único ponto da orde do día o convenio do metal.

20091019metalXXX

Como xa anunciara a Federación do Metal da CIG na comarca de Vigo, a próxima semana terá lugar unha asemblea de afiliados e afiliadas do sector do Metal, afectados pola negociación do convenio provincial de Pontevedra, para analizar tanto o contido do preacordo do Metal asi como a sinatura do preacordo por partes das centrais sindicais CCOO e UGT.

Agárdase alta asistencia

"Dada a importancia do tema a tratar agardamos contar coa vosa presenza" sinala unha folla informativa que convoca este acto. Esta asemblea terá lugar no salón de actos e cine dos Salesianos, na rúa Venezuela número 3.

1