Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 20/1/2010
Tras facerse públicas as bases para a elaboración do novo decreto, chamado “do plurilingüismo” polo goberno do PP, a finais de decembro do pasado ano, e diante da polémica suscitada, un grupo de xuristas realizou unha análise, do punto de vista xurídico, sobre os seus contidos.
O documento resultante foi subscrito por un grupo plural e representativo de xuristas galegos de diferentes ámbitos: xuíces, maxistrados e fiscais, entre os que se atopan dous presidentes de sala de audiencias provinciais; avogados, entre os que cómpre salientar aos decanos de Lugo e Vigo; e profesores universitarios, entre eles varios catedráticos.
Na presentación desta análise xurídica, na que participaron Luís Villares, xuíz; Alba Nogueira, profesora de dereito Administrativo da USC; e Héctor López de Castro Ruíz, avogado da CIG, matizouse que, en todo caso, este grupo de xuristas non está enmarcado en ningunha plataforma ou colectivo, nin ten a pretensión de constituírse como tal, senón que se agrupa en torno ao documento presentando e as consideracións xurídicas que contén.
Polo seu interese, reproducimos en pdf. o documento íntegro e as adhesións ao mesmo.
1