Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 26/2/2010
Infórmase das mobilizacións convocadas en todas as comarcas con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Novo boletín da CIG para explicar as consecuencias das medidas do goberno para afrontar a crise e as alternativas da central
A CIG vén de editar un novo boletín, dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical respecto das medidas que se están a barallar polo goberno para afrontar a crise económica e para presentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando!

Boletín sindical, nº 14

No boletín analízase o alcance e consecuencias de medidas como a reforma das pensións, a conxelación salarial e a proposta de reforma laboral; explícanse as alternativas que defende a central sindical para afrontar a crise e para mellorar as condicións laborais: o que significa para Galiza a Lei de Caixas e a importancia da mobilización que, en defensa da nosa lingua se celebrou en Compostela, con motivo da folga do ensino, o pasado 21 de xaneiro.

Especial relevancia, polas datas nas que nos atopamos, teñen as informacións relativas tanto ao 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra baixo o lema: Resistimos! Loitamos! Reivindicamos o noso espazo na sociedade, como mulleres, traballadoras e galegas!, como o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

1