Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 14/5/2008
Maré azul polo idioma
Máis de 3.000 nenos e nenas participan no Correlingua en Vigo
Trinta e cinco centros de ensino participaron nesta edición do Correlingua na cidade de Vigo, que xuntou a milleiros de rapaces e rapazas polo uso do galego nesta cidade.

Correlingua IX

A chuvia non evitou que se celebrara esta edición do Correlíngua na cidade de Vigo, que xuntou a máis de 3.000 nenos e nenas da comarca de Vigo. Asi, a só dous días da derradeira xornada, que terá lugar en Verín e Ourense, o Correlingua vén de rexistrar en Vigo unha das cifras de participación máis altas.

O Correlingua saíu da Praza do Rei ao redor das 11 da mañá, e durante unha hora esta maré azul de nenos e nenas percorreron a cidade de Vigo até o parque de Castrelos.

Logo de ler o manifesto desta convocatoria, os estudantes presenciaron o espectáculo de Chévere, de Luis Caruncho e BIeito Lobariños, así como un grupo de pequenas pandereteiras dun colexio da comarca, e para rematar actuou a banda boirense Sínefres.

Ademais, desde as once da mañá no Parque de Castrelos houbo actividades e xogos para os máis pequenos, as nenas e nenos de nenos de seis anos.

1