Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 29/7/2010
Demandan ademais a negociación do Plan de Ordenación de Recursos Humanos
As organizacións sindicais da Mesa Sectorial de Sanidade solicitan a retirada do Decreto de Xestión Integrada de Área
As organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade denuncian as présas, que cualifican de “inexplicábeis”, da Administración, para sacar adiante e “atropeladamente”, aproveitando os días previos ás vacacións estivais, as bases de dous temas da maior transcendencia en materia de persoal e asistencial, nomeadamente os de Xestión Integrada e o do Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS.

edificio SERGAS

As organizacións sindicais, CIG, CCOO, UGT, CSIF, CESM, SATSE e SAE, resulta sorprendente que noutros temas de bastante menor transcendencia, a administración sanitaria teña demorado a súa negociación e teña multiplicado as xuntanzas da Mesa Sectorial de Sanidade. “Porén pretende agora despachar a correr os Decretos de Xestión Integrado e do Plan de Ordenación de RR.HH., que teñen unha extraordinaria importancia para o futuro da sanidade pública galega e unha elevada repercusión laboral e social sobre o persoal do SERGAS”.

Afirman que non é de recibo a dinámica que está impoñendo o SERGAS, en tan importantes temas e consideran que non vale o argumento de que logo van desenvolvelos de xeito consensuado na mesa sectorial. “Queremos que, no mes de setembro, se retomen estes temas sen condicionamentos e con todos os datos necesarios enriba da mesa: cadros e ratios de persoal, clara distribución e condicións dos medios dispoñíbeis nos hospitais, nas actuais Direccións Provinciais, Centros de Saúde, PACs...”

Por iso, veñen de solicitar por escrito que se dedique a estas negociacións o tempo necesario, “até conseguir que se acade un acordo cun amplo apoio social, na procura duns sistema sanitario público de calidade”.

1