Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 6/9/2010
Dende a sección sindical da CIG sublíñase que nos dous últimos anos se está a producir un desmantelamento progresivo dos servizos centrais de A Coruña mediante o traslado a Madrid ou a externalización de departamentos. Reaxustes aos que se vén de sumar a recente externalización do departamento de Extranxeiro. Unha decisión que para a sección sindical supón “un paso máis na súa política de ataque aos dereitos laborais para intentar colar como causas obxectivas e entregar cartas de despedimento con 20 días por ano e límite de 12 mensualidades”.
Por iso, fan un chamamento a participar masivamente nesta asemblea para “responder a esta provocación e mostrarlle á empresa a nosa forza e que non imos renunciar tan facilmente aos nosos dereitos”.
1