Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Opinion 11/10/2010
Irlanda: de tigre a rato
Albert Recio Andreu
Publicado en Rebelión ()
20101012_irlanda.protesta.crise.jpg

Hai poucos anos había un país que era presentado como o modelo a seguir. Alcumárono o “tigre celta”. O seu éxito baseábase na aplicación estrita dun programa neoliberal: poucos impostos e liberdade de movementos para as empresas multinacionais. O seu crecemento e nivel de vida eran presentados non como un milagre senón como o éxito dun proxecto ben concibido.

 Hoxe sabemos que non era máis que un das múltiplas miraxes da era posmoderna. Que o modelo se baseaba nunha variante do capitalismo especulativo que tamén se deu no seu parente afastado, “o lince mediterráneo”. E que cando o endebedamento financeiro e a burbulla inmobiliaria estouraron, o modelo veuse abaixo. E aplicáronse axustes durísimos sobre os seus inexpertos cidadáns.

 Os seus políticos, porén, continuaron na teima e, en lugar de traballar para cambiar de modelo, esforzáronse en seguir achegando fondos para salvar os seus bancos (especialmente o AngloIrish Bank), xerando un novo endebedamento e novas presións dos mercados financeiros que acaban por afectar a terceiros países.

 Agora a Unión Europea esíxelle a Irlanda que suba impostos, que acabe coas políticas de baixa fiscalidade. Acabouse o modelo exitoso. Aínda que agora os impostos irán pagar as débedas do banco e non a satisfacer necesidades da xente. Alguén polo menos debería aprobar unha reprobación pública duns modelos que converten os países en ratos indefensos. E pedir que isto se estude nas facultades de Economía, onde o neoliberalismo segue a defenderse como verdade científica incontestábel.

 

 

 [Artigo tirado do sitio web ‘Rebelión’, do 9 de outubro de 2010]