Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 26/11/2010
A empresa construtora do Barco de Valdeorras, propiedade de Jaime Rodríguez Barba, accede deste xeito a liquidar todas as débedas contraidas co operario portugués -que ascenden a preto de 7.000 euros- en concepto de salarios e pagas extra de verán e Nadal.
Outra compañía da súa propiedade, Barproyasa, fora condenada con anterioridade -despois dunha demanda da CIG- a readmitir ou indemnizar a outro traballador orixinario do país luso. Na sentenza recoñécese tamén a improcedencia do despedimento.
Agresións e ameazas
Por outra banda, o propietario das empresas terá que responder nas vindeiras semanas diante da Xustiza despois de seren denunciado polo traballador despedido de Rodribar por presuntas agresións. Ao mesmo tempo, o vindeiro día 14 de decembro celebrarase no Xulgado de Instrución número 1 do Barco outro xuízo a raíz da denuncia presentada polo secretario local da CIG-Valdeorras, Adriano Brito, por supostas ameazas de morte do empresario.
1