Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Opinion 28/12/2010
A ditadura do mercado
Manuel Mera
Publicado en Xornal de Galicia ()
20101228_mercados.jpg

Ao presidente do Goberno central e máis aos ministros véselles un pouco máis animados, todo indica que xa asumiron que van perder as vindeiras eleccións e que coidan están cumprindo co seu papel patriótico neste contexto de crise.

 Dan por controlados os mercados (ou sexa aos grandes capitalistas) despois de facer unha cesión tras outra, con medidas que desregulan as condicións de traballo, reducen as prestacións e servizos públicos, e aumentan os impostos indirectos. Mentres que, co mesmo argumento de conter o gasto público, rebaixan os impostos aos máis ricos e socializan as débedas dos grandes bancos.

 Todo este sacrificio, botado enriba das costas dos débiles e dos desamparados, seica ten como finalidade xerar emprego, un obxectivo cuxa plasmación vaise adiando unha e outra vez. Nas últimas intervencións Zapatero fala de que son necesarios cinco anos para superar á crise.

 Calquera pode albiscar que con estas medidas só se favorece aos ricos e poderosos (dentro do Estado) e aos bancos alemáns e franceses cos que o sistema financeiro español ten contraidas importantes débedas. Estas políticas non garanten a xeración de emprego a curto prazo, e cando o consigan será dunha calidade miserenta e non se manterá por moito tempo, xa que basea a competitividade nos baixos salarios.

 Ademais, a leria encol de alentar a investigación fai décadas que se utiliza para agochar a febleza e dobrez política, na práctica os empresarios (agás excepcións) prefiren investir na especulación, deslocalización e o luxo, polo que o aumento do lucro (e explotación laboral) non aumenta a competitividade, ¿porque agora tiña que ser doutro xeito?...

 O PSOE está aplicando o programa da dereita, polo que cando esta chegue ao Goberno terá moito camiño avanzado. O único motivo para que proceda deste regalo á patronal (ou sexa: aos mercados), que xa hoxe, por mor da centralización e concentración da riqueza, ten en Galiza uns ingresos superiores aos dos asalariados (que constitúen o 75% das persoas ocupadas), de xeito tal que un 60% da clase traballadora ingresa menos de 1.200 euros brutos ao mes (ano 2008).

 Se alguén pensa que coa reforma das pensións e da negociación colectiva virá un período de calma, e se hai recuperación económica un novo avance dos dereitos sociais, está trabucado. Se non hai unha forte resposta das clases populares, en pouco tempo os mercados esixiran máis retrocesos, como xa o viñeron facendo.

 Estamos nunha guerra de clases, na que ademais os resultados aumentan ou minguan as dependencias ou hexemonías de cada nación. Unha guerra na que o Goberno central tomou partido con claridade, nos feitos concretos, que son os que valen.xeito é que teña máis medo aos mercados que á clase traballadora (ou simpatías). As próximas medidas que vai tomar, a reforma das pensións e da negociación colectiva, son un novo

 

[Artigo tirado do ‘Xornal’, do 26 de decembro de 2010]