Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 10/5/2011
Logo de que o novo Xerente da entidade comunicara a creación dunha mesa de negociación para o vindeiro xoves
Desconvocada a xornada de folga prevista para o mércores 11 de maio na Fundación USC Deportiva
A CIG-Servizos vén de informar da suspensión da folga convocada na Fundación USC Deportiva para mañá, mércores 11 de maio, logo de que o novo xerente da Fundación acordara, como primeira medida, convocar a mesa de negociación coa representación do persoal. A xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, 12 de maio.

Fundacion USC Deportiva

Diante deste novo cambio, os/as traballadores/as desconvocaron o paro parcial previsto para o mércores entre as 10:00 e as 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.  Non obstante, dende a Federación de Servizos informaron que, á espera do resultado da primeira reunión da mesa de negociación, os paros previstos para os días 13 e 19 de maio continúan activos.

Os traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva decidiran recorrer a estas medidas de presión para reclamar da Universidade e da Fundación a creación dunha mesa de negociación na que avaliar o plano de viabilidade que se está a deseñar e que, segundo as escasas informacións das que dispoñen, implicaría a extinción de postos de traballo e de actividades deportivas. 

1