Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 19/5/2011
Os traballadores e traballadoras denunciaron ademais que máis da metade do cadro de persoal da Fundación está contratada en fraude de lei e que a Universidade e a dirección da fundación están a elaborar un plano de viabilidade que prevé reorganizar esta última, malia o que non se permite aos traballadores/as sequera coñecer ese plano de viabilidade.
Todo apunta, indican, a que nese plano de viabilidade o que se pretende facer realmente é reducir o número de traballadores/as e as actividades deportivas, nomeadamente aquelas que a Universidade non considera rendíbeis.
Por iso os traballadores/as acordaron convocar finalmente a folga, logo de que a dirección da Fundación se comprometera a informar, o pasado mércores 18 de maio, pero non dera ningunha información na xuntanza mantida.
Aseguran sentirse enganados e piden desculpas aos usuarios/as das instalacións deportivas, aos que solicitan que entendan as súas xustas reivindicacións.
1