Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 2/6/2011
Panfleto que está a ser repartido entre os traballadores e traballadoras de Cafersa:
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
O vindeiro mércores dia 8 de xuño terán lugar as eleccións sindicais para elixir os representantes dos traballadores e traballadoras en Cafersa.
As persoas que nos presentamos pola Confederación Intersindical Galega (CIG) pedímosvos o voso voto. É a primeira vez que nesta empresa se presenta unha candidatura libre e democrática, sen intervención dos patróns.
Lembra que o teu voto e secreto, non te deixes intimidar pola empresa nin por ninguén, vota en conciencia e libremente, recordando sempre que esta candidatura é unha aposta polo noso futuro.
Todos sabemos que a empresa vai facer presións e mesmo chantaxe para intentar que non nos votedes. Non vos dobreguedes. Recordade que o voto é secreto e que temos a obriga de defender a democracia.
XA É HORA DE QUE ENTRE A DEMOCRACIA EN CAFERSA
CHEGOU O TEMPO DA DEMOCRACIA
VOTA A CANDIDATURA DA CIG
1