Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 24/6/2011
O cadro de persoal de Unísono atopouse coa desagradable sorpresa nada máis reincorporarse ao ao se posto de traballo despois de participar no paro e na concentración convocada diante da sede da Gran Vía viguesa entre as 11.00 e as 12.00 horas. A empresa opta por eliminar máis empregos despedindo nesta ocasión a persoas con contratos indefinidos.
Para esta mesma tarde (de 17.00 a 18.00 horas) está prevista unha nova mobilización ás portas da compañía coincidindo coa convocatoria de paro, onde se aproveitará para denunciar a actitude de Unísono e rexeitar o ERE e os máis de 300 despedimentos rexistrados no último ano
Durante a concentración, na que participaron máis de 100 persoas, berráronse consignas como “Non á deslocalización”, “Que non nos vacilen, que o traballo vai para Chile” ou “Traballador no paro, patrón colgado”. Dende a sección sindical da CIG na empresa denunciaron que Unísono segue a destruír emprego en Galiza ao tempo que abre novos centros de traballo en países como Chile.
Máis información no blogue da sección sindical da CIG en Unísono
1