Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 7/10/2011
Malia Caixanova ter recibido 376 millóns de euros e Caixa Galicia 782 millóns antes da fusión e 1.162 millóns de euros xa como novacaixagalicia, ningunha das administración encargadas de vixiar, supervisar, tutelar e controlar as entidades fallaron estrepitosamente.
Máis alá dos pagos a ex-directivos, que poderían superar os 50 millóns de euros, o pasado xoves a representación dos traballadores/as da Obra Social recibiu a noticia de que a valoración da Caixa pactada entre Banco de España e os Fondos norteamericanos que rebaixaban o valor en libros nun 93%, facía inviable manter a obra social.
É certo que os cobros dos directivos son escandalosos, pero non son menos escandalosas as manobras para abaratar o prezo da caixa cara a unha privatización opaca que só beneficia a fondos de investimento e as grandes fortunas galegas en detrimento da maior parte da sociedade.
A Obra Social tiña un orzamento anual que se achegaba aos 100 millóns de euros que coa privatización acabaran nos petos das grandes fortunas que non os precisan.
A CIG entende que deben ser explicados todos os pasos do reparto de bens e activos entre o banco e a Caixa. Non é de recibo que se diga que os activos que quedaron en mans da Caixa teñen un valor de 434 millóns e que estes non se tiveran en conta a hora de valorar a participación no banco. Si houberan incluído estes importes a participación no banco acadaría o 16% e a Obra Social estaría garantida.
Alén das medidas previstas pola representación da Obra Social, a CIG ten convocado concentracións de protesta diante das sedes centrais da Caixa para reclamar unha comisión de investigación e a paralización do proceso de privatización. Será o próximo 18 de outubro.
1