Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 4/11/2011
A primeira Conferencia celebrouse no 1.999 nos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria). Desde entón, cada dous ou tres anos e con sede itinerante, o movemento sindical analiza a situación política, sindical, social e humana nos campamentos de refuxiados e nos territorios ocupados, tomando iniciativas que axuden axuden ao Pobo Saharaui n súa loita pola independencia.
Pouco a pouco novas centrais sindicais se veñen sumando a esta iniciativa, sendo especialmente destacábel esta quinta edición que rexistrou a incorporación á Conferencia, por primeira vez, de organizacións de Angola, Chipre, Reino Unido e o Senegal.
A Conferencia aprobou por unanimidade unha Declaración final que recolle, entre outras, a maioría das propostas realizadas pola CIG durante a súa intervención.
A sexta Conferencia realizarase cara o fin do 2013, nun lugar aínda por determinar.
ANEXO I – Texto da intervención da CIG na Conferencia
Caros camaradas,
Non esquezo que esta Conferencia Sindical está a ser realizada en Lisboa e por iso quero que o meu primeiro saúdo sexa para os traballadores e as traballadoras de Portugal que, aínda hoxe día 27, continúan con accións nas rúas, nos locais de traballo, nas institucións... nesta semana de loitas promovida pola CGTP/IN e as súas entidades filiadas.
Saúdo tamén para as entidades sindicais e sociais que apoian esta Conferencia, con especial destaque para os centrais sindicais – nomeadamente a CGTP/IN - que tomaron ao seu cargo a realización desta V Conferencia Sindical Internacional de Solidariedade cos Traballadores e o Pobo Saharaui.
Un saúdo e un abrazo, fraternos, solidarios, para a UGTSARIO, ferramenta dos traballadores e traballadoras saharauis, nos territorios ocupados, nos campamentos de refuxiados, no exilio e na diáspora.
Caros amigos, o Sahara Occidental, último e único pais africano sen descolonizar está submetido a unha ocupación de carácter colonial por parte do Reino de Marrocos. Ocupación e colonización que se da en todos os aspectos: invasión militar, confinamento das poboacións orixinais en barrios (moitas veces en proceso de marxinalización), traslado masivo de poboación marroquina para os territorios ocupados, expoliación dos recursos naturais, negación da identidade e da cultura saharaui, represión e hostigamento constante sobre as familias saharauis, violacións dos dereitos humanos, isolamento mediante a construción de muros ofensivos...
Caros camaradas, non estamos fronte a un “conflito” entre saharauis e marroquinos, non existe a “cuestión” saharaui: hai pura e simplesmente a ocupación de un País por parte de outro, hai un ocupante e un ocupado, un colonizador e un colonizado, un invasor e un invadido, hai Marrocos e hai a República Árabe Saharui Democrática.
A ocupación do Sahara dáse nun contexto político no que o mundo árabe, considerado no seu conxunto, mostra o seu respaldo ao Reino de Marrocos. As revoltas que se deron recentemente en diversos países árabes non parece que trouxeran novidades neste posicionamento. Con tristeza, observo que a totalidade do movemento sindical árabe estivo, e continua a estar, ausente destas iniciativas sindicais internacionais de solidariedade cos traballadores e o pobo saharaui.
Estamos ante un problema político, con moitos ángulos e aristas, mas un problema de carácter político e só desde posicións políticas pode ser encarado e solucionado.
É un problema político certo, mas que necesita a aproximación desde moitos enfoques, non excluíntes senón complementarios: mediático, institucional, humanitario, sindical....
É necesaria a axuda humanitaria, claro que si. Por iso, desde o movemento sindical implementamos e colaboramos en actividades de solidariedade: programa de “Ferias en Paz”, proxectos de cooperación, campañas de recollida de materiais escolar, sanitario, alimentar...
É esta unha actividade que vai ter un importante descenso no futuro inmediato: a “crise”, que sirve para xustificar calquera medida antisocial, está sendo utilizada tamén para diminuír as axudas públicas á cooperación internacional (incluídas as destinadas ao Sahara Occidental). A maiores, o recente secuestro de cooperantes en Rabuni, é un novo golpe contra as actividades de cooperación humanitaria no Sahara Occidental.
Na nosa opinión, o movemento sindical podería, na medidas das súas posibilidades, considerar como prioritarias as actividades de cooperación no Sahara Occidental, tanto nos territorios ocupados como nos campamentos de refuxiados.
O movemento sindical ten tamén amplas posibilidades de romper o silencio mediatico e a desinformación que en maior ou menor medida están presentes nos nosos respectivos países. Páxinas web e prensa escrita propia, comunicados públicos... poden axudar a romper ese muro de silencio que é unha das mellores armas da potencia ocupante. FALEN DE NÓS, ouvimos repetidamente en anteriores intervencións; o movemento sindical ten aquí un importante espazo de solidariedade co pobo saharaui.
Iniciativas como as misións sindicais internacionais aos territorios ocupados poderían ser intensificadas, periodificando a súa realización. É unha extraordinaria vía para axudar a romper parte do muro de silencio, mas é tamén un apoio directo e humano, sindical e político aos compañeiros e compañeiras que loitan día a día en condicións de extrema dureza e asumindo inmensos riscos persoais.
A Conferencia Internacional do Traballo, que se celebra anualmente na cidade de Xenevra, é tamén unha ocasión de ouro para o desenvolvemento de iniciativas a prol da causa saharui. Iniciativas como a realizada hai un par de anos, abortada pola intransixencia, a bravuconería, e a má educación proprias dos invasores, colonizadores e ocupantes marroquis, poderían ser retomadas, instando a propria institución (a OIT no seu conxunto, ou a mesma ACTRAV) a garantir e/ou mesmo patrocinar ou copatrocinar estas actividades en paralelo á Conferencia Internacional do Traballo.
O movemento sindical, en fin, pode desempeñar un papel relevante fronte, e ao lado, das organizacións sociais e políticas no esforzo de manter na sociedade a tensión social a prol da causa saharui, mas tamén provocando posicionamentos, declaracións e acordos institucionais, impedindo o seu esquecemeto mediático ou a marxinalización política.
Os saharauis non alcanzarán a soberanía polas actividade de apoio e solidariedade das organizacións sindicais e sociais, mais as nosas actividades son necesarias, eu diría mesmo imprescindíbeis, para que as iniciativas políticas necesarias que poñan fin a ocupación colonial se leven a cabo máis cedo que tarde.
Amigos e camaradas, teño a certeza de que as organizacións aquí presentes, acompañaremos aos traballadores e traballadoras saharuis cando desfilen polas rúas d’O Aaiún nas celebracións do 1º de maio nun Sahara Occidental libre, independente e soberano.
Xesús Ramón GONZÁLEZ BOÁN
CIG – Relacións Internacionais e Cooperación
V Encontro Sindical Internacional en Solidariedade cos Traballadores e o Povo Saharaui.
Lisboa, 27 de outubro de 2011
Anexo II – Declaración final da Conferencia
DECLARAÇÃO DA 5.ª CONFERÊNCIA SINDICAL INTERNACIONAL DE SOLIDARIEDADE COM OS TRABALHADORES E O POVO SAHARAUI
As organizações sindicais, de vários continentes, presentes na 5ª Conferência, realizada nos dias 27 e 28 de outubro de 2011, em Lisboa, Portugal, tornam pública a sua profunda preocupação pela situação dos trabalhadores e trabalhadoras saharauis, bem como a sua condenação pela repressão do povo saharaui nos territórios ocupados.
As organizações sindicais presentes acompanham, há muitos anos, a difícil situação do Povo Saharaui através de múltiplas presenças, visitas e missões sindicais e humanitárias aos territórios ocupados e aos acampamentos de refugiados. Iniciativas que têm permitido constatar a flagrante ilegalidade da ocupação marroquina, bem como as consequências dramáticas dessa ocupação nas condições de vida, trabalho e saúde da população saharaui.
Num momento em que se desenvolvem nos países do Médio Oriente e do Norte de África movimentos e processos de luta pela democracia, não podemos esquecer que, já em finais de 2010, o povo saharaui deu mostras dos seus anseios de liberdade e democracia, como se evidenciou na situação do acampamento de Gdeim Izik, violentamente desmantelado por Marrocos.
Neste contexto, as organizações sindicais presentes decidem:
Comprometem-se, neste sentido:
- A incrementar a solidariedade ativa e concreta à UGTSARIO, aos activistas sindicais saharauis e às estruturas sindicais expressamente proibidas nos territórios ocupados, para o seu reforço, capacitação e intervenção a favor da criação de trabalho digno e da protecção dos direitos laborais.
- A fomentar a visibilidade da causa saharaui e, especialmente, da UGTSARIO, nos seus respetivos países, sensibilizando também as organizações sindicais nacionais, regionais e mundiais em que se encontram filiadas ou em cujas acções participam.
- A envidar esforços para a realização de uma reunião com os diferentes grupos do Parlamento Europeu, para que se concretize uma iniciativa europeia em apoio e solidariedade ao Povo Saharaui.
- A promover ativamente a aplicação prática das Convenções da Organização Internacional do Trabalho (OIT) nos territórios Saharauis ocupados.
- A manter o envio de missões sindicais aos territórios ocupados, numa perspetiva de reforço da solidariedade sindical e da luta pela garantia dos direitos políticos, sociais e laborais dos trabalhadores e trabalhadoras saharauis.
- A realizar a 6ª Conferência Sindical Internacional de Solidariedade com os Trabalhadores e Trabalhadoras Saharauis e o Povo Saharaui, em finais de 2013.
Os participantes na Conferência condenam o sequestro de três cooperantes, ocorrido em 22 e 23 de outubro, nos acampamentos de Tinduf.
Lisboa, 28 de outubro de 2011
Os participantes
v Angola: UNTA
v Brasil: CUT
v Chipre: PEO
v Estado español: CCOO, CI, UGT, USO
v Euskal Herría: ELA
v Francia: CGT
v Galiza: CIG
v Italia: CGIL
v Portugal: CGTP/IN, UGT
v Reino Unido: TUC
v Sahara Occidental: UGTSARIO
v Senegal: CNTS
1