Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 9/12/2011
Exixe da consellaría de Sanidade a publicación do Plan Galego de Drogodependencias
CIG-Saúde apoia a denuncia da Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias ante os recortes orzamentarios para 2012
CIG-Saúde vén de manifestar o seu apoio á denuncia da Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias polos recortes orzamentarios previstos para 2012. Recortes que se traducen nunha redución de máis de 1.400.000 euros en axudas aos dispositivos de asistencia aos Drogodependentes e ós Equipos de Prevención. A Asociación denuncia o deterioro da coordinación entre a Consellaría e os dispositivos, así como os nulos avances en materia lexislativa e de integración funcional.

11-04-13 RP Drogodependencias

A Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias e outras condutas aditivas ven de realizar unha análise das propostas orzamentarias que en materia de atención as Drogodepdencias se fan dende a Consellaría de Sanidade e o SERGAS para o próximo ano 2012, e que están integradas nos orzamentos da Xunta de Galicia que se están a debater no parlamento galego nestes días.

A Asociación volve constatar un novo recorte das asignacións previstas tanto para os dispositivos de atención a drogodependentes e aqueles dirixidos á reinserción dos mesmos, como os que se adican a prevención.  O montante total asignado nos orzamentos de 2012 para o financiamento destes recursos redúcese en máis de 1.400.000 Euros.  Hai que lembrar que este recorte súmase aos que xa se tiveron que soportar nos dous últimos anos, e que provocaron unha diminución das actividades que se realizan, poñendo a algúns recursos en situación case que límite.

Das cantidades propostas destaca a redución en máis de 1.088.000 euros do Convenio Consellaría de Sanidade – FEGAMP, polo cal se financian as Unidades Asistenciais dos Concellos (13 en toda Galicia); así como os equipos de Prevención das Drogodepenencias tamén dos Concellos e Mancomunidades (máis de 40).  Este recorte supón un 14.22 % menos da cantidade asignada no 2011 para os mesmos recursos, descoñecendo en que medida afectara ás Unidades Asistenciais e canto aos Servizos de Prevención, aínda que sospeitamos que estes últimos serán os que menos recursos reciban.  Se temos en conta a situación de precariedade económica pola que están a pasar moitos Concellos dos que dependen estes recursos, podemos entender o temor dos profesionais a que isto supoña a cancelación de actividades, o deterioro na atención, a rescisión de contratos ou incluso o peche dalgún recurso.

En canto aos convenios con Asociacións que prestan servizos asistenciais (ACLAD – Coruña, ALBORADA – Vigo, Cruz Vermella – Lugo e ASFEDRO – Ferrol) os Convenios propostos supoñen unha redución orzamentaria dun 2,5% sobre os importes do ano anterior, a mesma que se propón para os servizos de atención a alcoholismo.  Maior recorte sofren os recursos de re-inserción laboral e atención xurídica, que logo de soportar o ano pasado recortes superiores ao 25 % nalgún caso, este ano teñen unha redución orzamentaria doutro 10%

Explicación a parte merece a situación das Asociacións que fan labores de prevención e apoio a familiares: Ata o de agora nos orzamentos xa figuraban os convenios de financiamento a asinar con estas entidades, coa asignación da axuda concedida (estas asociacións son a parte dos 40 equipos de prevención dos Concellos). Así no ano 2011 realizaron actividades deste tipo máis de 15 asociacións que contaron con axudas da Consellaría de Sanidade por importe 729.000 euros.  Este xeito de consignar xa a axuda permitía as asociacións planificar a súa actividade e economía dende primeiros de ano sabendo xa o financiamento co que contaban por parte da Xunta de Galicia.

Porén, nas previsións para o 2012 a Consellaría eliminou estes convenios, consignando unha única partida, que agrupa as subvencións que se daban a proxectos en relación coa prevención da transmisión do VIH/SIDA e atención a afectados coas de Prevención de Drogodependencias. Esta partida ten un importe de 750.000 Euros, sen especificar canto se destinará as asociacións para proxectos de VIH/SIDA e canto para prevención de drogodependencias.

Este cambio xera moitas incertidumes nas asociacións e nos seus traballadores posto que non saben con que financiamento van a contar, nin en que momento se convocarán e de que xeito. Así, as asociacións pregúntanse canto van a destinar a prevención da transmisión do VIH e canto a Drogas; se sairán todas as subvencións xuntas e por concorrencia competitiva; en que momento ou como van a facer as Asociacións coas súas actividades e empregados, mentres non se sabe isto.

En todo caso sempre se estaría a falar de recorte, xa que no 2011 as partidas para proxectos relacionados co VIH/SIDA (pisos de acollida, labor dos Comités anti-sida, Intercambio de xiringas, Traballo coa prostitución, …) recibiron partidas por un importe de 161.000 euros e as asociacións de prevención 729.000.- Euros. Isto significa un recorte orzamentario para os dous conceptos de mais de 140.000.- Euros (un 15.72 % sobre os importes totais do 2011).

Para a Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias e outras condutas aditivas, a valoración dos orzamentos non pode ser outra que negativa, polo que estes recortes poden supor de deterioro na actividade dos recursos e, polo tanto, de que non se consigan moitos dos obxectivos planificados en materia de prevención do consumo de drogas e de garantir unha adecuada atención aos afectados. Parece que para a Xunta de Galicia, a sanidade pública e as drogodependencias non son temas prioritarios.

Deterioro da relación dos recursos coa consellaría e ningún avance en regulamentación e integración no SERGAS 

A Asociación Galega de Profesionais das Drogodependencias e outras condutas aditivas reitera a súa impresión de que no 2011 houbo un deterioro aínda maior na “necesaria coordinación entre a Consellaría de Sanidade e os dispositivos e equipos que conformamos as redes asistencial e preventiva do Plan de Galicia sobre Drogas, e tamén para denunciar a parálise a que a Xunta de Galicia someteu nos dous últimos anos a regulamentación en materia de Drogodepedencias é a integración funcional dos dispositivos asistenciais no sistema público de Saúde”.

Afirman que non se avanza en materia lexislativa, cando o anterior plan de Galiza sobre drogas rematou no 2009, e o actual entrou no Parlamento cun ano de atraso, para o seu debate en decembro de 2010, sen que a día de hoxe saiban se “está pendente de tramitación, aprobado e durmindo nalgún caixón ou que foi del, e o que é aínda peor, sen que os profesionais teñamos coñecemento de si se aceptaron as suxerencias ao mesmo que remitimos xa no seu día”.

Tampouco se pode falar de integración funcional, aseguran, cando non se teñen tomado medidas no último ano para avanzar na actualización dos recursos das UADs para compartir información co SERGAS, e, sobre todo, cando se ten totalmente paralizado os traballos para implantar o circuito asistencial e unha xestión por procesos similar a do SERGAS.

Pódese comprobar o deterioro na coordinación entre os departamentos da Consellaría de Sanidade – SERGAS que interveñen en Drogodependencias e os distintos recursos, “na falta de información que chega aos distintos equipos sobre as liñas de traballo que se deben priorizar ou sobre o resultados das avaliacións que se deberían realizar anualmente”, explican. E engaden que tamén se nota esta falta de Coordinación no feito de que “durante o presente ano 2011 non se convocara nin unha soa xuntanza de coordinación entre a Consellaría e os distintos dispositivos asistenciais”.

Esta situación de parálise e de falta de iniciativa por parte da Consellaría de Sanidade esta a provocar un lóxico desconcerto entre os profesionais, que non saben moi ben a que aterse ao non topar respostas ás súas dúbidas en ninguén, e comprobar o “total e absoluto pasotismo co que no goberno da Xunta de Galicia toman as preocupacións dos Centros e asociacións que interveñen en Drogodependencias”.

 

COMPARATIVA ORZAMENTOS PARA DROGODEPENDENCIAS   2010 – 2011 E PREVISIÓN PARA 2012

 

 

RECURSOS DE ASISTENCIA A DROGODEPENDENCIAS

NOME DO CENTRO/ASOCIACIÓN

Cantidade asinada ou conveniada no 2010

Partida ORZAMENTADA    no 2011

Partida ORZAMENTADA    no 2012

RECORTE (sobre 2011)

CONVENIO FEGAMP

(13 Concellos que teñen UADs >> Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña, Burela, O Grove, Vilagarcía, Ribeira, Carballo, Porriño, Cangas, Noia e Santiago e 40 entre Concellos e mancomunidades que teñen equipos de Prevención)

4.613.066,05.- €

7.650.243.- € **

6.562.104.- € **

1.088.139.- €

14,22 % JODER

ASOCIACIÓN ALBORADA (VIGO)

1.517.231,00.- €

1.517.232,00.- €

1.479.301,00.- €

37.931.- € (2,5%)

ASOCIACIÓN ACLAD (A CORUÑA)

1.706.904,00.- €

1.706.905,00.- €

1.664.232,00.- €

42.673.- € (2,5%)

CRUZ VERMELLA (LUGO)

636.920,00.- €

636.921,00.- €

620.998,00.- €

15.923.- € (2,49%)

ASOCIACIÓN ASFEDRO (FERROL)

939.545,00.- €

939.546,00.- €

916.057,00.- €

23.489.- € (2,5%)

FUND. MONTE DO GOZO (P. HOME)

 

957.917,00.- €

933.969,00.- €

23.948.- € (2,5%)

** NOTA:  Dende o ano 2011 a cantidade que figura como convenio FEGAMP inclúe tanto os convenios cos Concellos que teñen centros asistenciais (UADs), como aqueles que teñen equipos de Prevención (por eso e superior a do 2010 que era só para concellos con Centros Asistenciais) 

 

ASOCIACIÓNS DE ATENCIÓN AO ALCOHOLISMO

NOME DO CENTRO/ASOCIACIÓN

Cantidade

2010

Partida ORZAMENTADA     no 2011

Partida ORZAMENTADA   no 2012

RECORTE (sobre 2011)

F. ALCÓLICOS REHABILITADOS GALICI

 

28.500.- €

 

 

ASOC. EX-ALCOHOLICOS A CORUÑA

197.771.- €

197.771.- €

192.827.- €

4.944.- € (2,49%)

ASOC. AS BURGAS – OURENSE

172.710.- €

172.710.- €

168.392.- €

4.318.- € (2,5%)

ASVIDAL – VIGO.

203.946.- €

203.946.- €

198.847.- €

5.099.- € (2,5%)

 

RECURSOS DE RE-INSERCIÓN LABOAL E ATENCIÓN XURÍDICA

NOME DO CENTRO/ASOCIACIÓN

Cantidade

2010

Partida ORZAMENTADA     no 2011

Partida ORZAMENTADA   no 2012

RECORTE (sobre 2011)

ASOCIACIÓN ABEIRO – OURENSE

24.700.- €

 

 

 

ASOC. LUCENSE DE INF. SOBRE DROGAS

57.000.- €

54.000.- €

48.600.- €

5.400.- € (10%)

ASOC. ANTONIO NOCHE – A CORUÑA

68.400.- €

30.780.- €

27.702.- €

3.078.- € (10%)

ATOX – OURENSE

57.950.- €

30.780.- €

27.702.- €

3.078.- € (10%)

CIMO – OURENSE

20.900.- €

 

 

 

CONVENIO ERGUETE – VIGO

242.250.- €

169.632.- €

152.669.- €

16.963.- € (11,76%)

REXURDIR PROV. DE PONTEVEDRA

46.075.- €

26.077.- €

23.469.- €

2.608.- € (10%)

 

EQUIPOS E ASOCIACIÓNS QUE FAN PREVENCIÓN

NOME DO CENTRO/ASOCIACIÓN

Cantidade asinada ou conveniada no 2010

Partida ORZAMENTADA     no 2011

Partida ORZAMENTADA   no 2012

 

CONVENIO FEGAMP (40 convenios con Concellos e mancomunidades que afecta a mais de 60 concellos en total)

904.400,00.- €

(incluidos no CONVENIO FEGAMP > ver 1ª folla)

(incluidos no CONVENIO FEGAMP > ver 1ª folla)

 

ASOC. ABEIRO AS PONTES

35.000.- €

27.593.- €

Desaparecen os convenios de Prevención coas asociacións e aparece unha partida global e única de “Subvencións prevención Drogas e VIH” con un importe total de 750.000.- €

 

ERGUETE – O GROVE

32.000.- €

 

 

ASFEDRO – FERROL

85.000.- €

 

 

DISTRITO 5º  - A CORUÑA

75.000.- €

59.128.- €

 

REXURDIR – MARÍN

68.000.- €

53.609.- €

 

PLAN COMUNITARIO DE TEIS – VIGO

36.000.- €

28.381.- €

 

PLAN COMUNITARIO DE VITE – SANTIAGO

73.000.- €

57.552.- €

 

ADAFAD – A CORUÑA

60.000.- €

47.302.- €

 

FUNDACIÓN ERGUETE – INTEGRACIÓN

235.000.- €

185.268.- €

 

SECRETARIADO GITANO DE GALICIA

50.000.- €

39.419.- €

 

AVANTE – PORTONOVO

18.000.- €

14.190.- €

 

CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA

35.000.- €

 

 

FENAD – VIGO

24.000.- €

18.921.- €

 

ASOCIACIÓN NEIRA – CEE

65.000.- €

51.244.- €

 

RENACER – RIBEIRA

55.000.- €

43.360.- €

 

ASOCIACIÓN MADRO – VIGO

32.000.- €

25.228.- €

 

ERGUETE BAIXO – MIÑO

40.000.- €

31.535.- €

 

ASOCIACIÓN FERROLAN DE DROGAS

 

39.419.- €

 

CANTIDADE CONSIGNADA PARA SUBVENCIONAS ACTIVIDADES DE ACCIÓN SOBRE O VIH/SIDA   

 ANO 2010:  255.000.-   

 ANO 2011:  149.061.- para asociacións e 12.276.- para Concellos

 ANO 2012:  Xuntan a partida para subvencionar proxectos de acción en relación ao VIH/SIDA coa de subvencións a asociacións que fan Prevención de Drogodependencias e asignan un importe total de 750.000 €

O importe total da suma das subvencións de proxectos de VIH/SIDA e dos convenios de prevención asinados no 2011 superaba os 890.000 euros, polo que ao consignar 750.000 xa estaríamos falando dun recorte de 140.000 euros, sen saber como o “repartiran” (UN 15,723% SOBRE OS IMPORTES TOTAIS DO 2011).  

1