Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 15/12/2011
Malia iso, a CIG obtivo a maioría absoluta dos votos, con 7 dos 14 delegados/as elixidos, e os candidatos/as da central sindical o respaldo maioritario do persoal municipal.
Para o Comité de Empresa do persoal laboral, a CIG obtivo a maioría absoluta, con 5 representantes, a UGT, 2, e outros 2 o CSIF. Para a Xunta de Persoal funcionario, a CIG quedou a un só voto de ter a maioría absoluta e terá 2 representantes; o Sindicato de Policía Local 2 e o CSIF, 1.
Ataque á liberdade sindical
A coincidencia de presentar a proposta de recorte de servizos e de despedimentos, foi denunciada polo Comité, no seu momento, como un ataque á liberdade sindical e á negociación colectiva, entendendo ademais que a xustificación económica non tiña fundamento porque noutros concellos, en peores condicións económicas que o de Ames, non se recorría a este tipo de medidas.
Xunto a isto, denunciábase a vulneración do convenio colectivo vixente no concello de Ames, que inclúe precisamente para estes postos unha cláusula de consolidación de emprego.
Alén da persecución sindical, que os servizos afectados sexan normalización lingüística, a radio local, o servizos de bibliotecas ou as brigadas medioambientais, tamén evidencia o carácter ideolóxico dunha tan drástica medida, sen antecedentes nas administracións locais galegas, como a proposta polo PP amiense.
1