Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 8/5/2012
A CIG-Banca entende que a posible absorción por un banco que teña internos os compromisos en materia de previsión social (Grupo Santander), sen que teñamos un acordo en novagalicia que garanta a existencia dos Plans de Pensións, “sería entregarnos atados de pes e mans”.
Na propia comisión negociadora, e tras coñecer a noticia de que os ex-directivos que recibiron indemnizacións multimillonarias poderían percibir prestacións que, segundo algúns medios, chegarían a acadar os 33 millóns de euros, CIG-Banca proporá reducir a prestación con cargo ao plan de pensións que lle correspondería a estes directivos a 1 euro. “Unha proposta que pensamos ten toda a lexitimidade e que ten amparo legal”, explican.
Lembran que estes ex directivos están sendo investigados por anticorrupción, tras a denuncia da CIG, que ten citado para final de mes a varios vogais dos Consellos de Administración das antigas Caixas.
De aprobarse esa proposta por parte da empresa e dos outros sindicatos, CIG-Banca entende que non sería preciso levar adiante o recorte das achegas pactado no ERE III para o conxunto dos traballadores e traballadoras da entidade.
1