Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Opinion 22/6/2012
Escándalo bankario e propostas políticas (I)
María do Carme García-Negro
20120622_bankia-protesta.jpg

Escándalo como sinónimo de abuso, desvergoña, indignación , descomedimento, desorde, inxuria, ofensa e mesmo tumulto.Indignación  polo mal procedemento de alguén: acción que se considera intorelábel e provoca indignación. Escandalizados estamos unha boa parte da cidadanía como colectivo máis ou menos consciente.

 Agora resulta que Bankia non tiña beneficios senón perdas: Onde miraba o Banco de España?

 Resulta qué é a entidade bancaria de maior tamaño do sistema financeiro español, mellor dito,  ansíase que o sexa no futuro unha vez rescatada.

 Resultou que o presidente do goberno non saíu a explicar en sede parlamentar nen gobernamental  o sucedido.

 Resultou que un grande xestor de talla mundial, errou?

 Resultou que lle quedan fondos para pagar as indemnizacións dos xestores (de talla xenial, como quedou demostrado), por valor até hoxe coñecido de 14 millóns de euros.

 Resulta que debemos salvalo porque hai risco sistémico se non se fai, é dicer, non facelo arrumbaría con outros componentes do aparato financeiro español.

 Acabamos de recibir a nova de que nos seus activos hai tóxicos: a cifra de 40.000 millóns de euros tóxicos, o equivalente ao 70% do PIB galego (2011).

 Os cidadáns acaban de se enteirar de que non valeron para nada as reformas do sistema financeiro levadas a cabo a empurróns -por non usarmos unha verba puxílistica-  polos gobernos centrais, baixo a dirección dun banco de España agora mudo e xordo.

 Constatamos que a mal denominada “verdade” que esperaban os votantes maioritarios das últimas eleccións xerais está no limbo dos desaparecidos e mixtificados argumentos simplóns.

 Démonos conta de que hai dúas clases de cidadáns: os que temos que pagar e sacrificarnos, e os que vivindo por riba das súas posibilidades, acabaron coas nosas. Coas nosas de vivir dignamente, recibindo só a cambio de anos de traballo renda redistribuida en forma de bens colectivos: sanidade pública e ensino público e até o dereito  dos dependentes- que son seres humanos- a seren atendidos.

 De tódos os xeitos, para non perdermos a calma, xa que perdemos estas batallas, podemos formularnos algunhas perguntas que serían de obrigada contestación nun Estado democrático.

 Se non hai que dar explicacións do sucedido en Bankia e/ou en casos similares, por que debemos pagar con cartos públicos o seu rescate ou nacionalización.

 Por que debemos nacionalizar unha ruína absoluta co burato máis fondo en perdas e riscos da historia económica española.

 Que quere dicer banco sistémico.

 A única alternativa é a quebra?.

 Dáse o caso de que en economía e en política económica só hai unha única alternativa ao final do camiño. Como en todas as actuacións humanas- e as relacións económicas sónno a pesar das aparencias- sempre hai máis dunha alternativa. É unha mágoa identificar as nosas capacidades no ámbito exclusivo da linguaxe  binaria: non somos robots nen cerebelos de computador. Neste caso, poderíamos facer o seguinte antes de ir buscando 19.500 millóns de euros do erario público:

- Valorar de novo os activos de Bankia: separar os tóxicos en financieros puros e reais e no caso destes últimos revalorizalos, non ao valor esperado de mercado senón de saldo ou liquidación. É probábel que a un valor do 40% haxa mercado para os activos inmobiliarios que figuran como activos de difícil realización, pero con esa nova valoración poden ter compradores (con case total seguridade que aparecen).

 Sendo probábel o carácter sistémico da entidade citada tamén o é a política que segue o goberno con ela, xa que este rescate obriga a todos os subsecuentes que vaian aparecendo.  A segmentación ou separación da parte tóxica da san de Bankia: recolocar os tóxicos entre o sistema bancario español -coparticípe de perdas- e reducir notabelmente o tamaño da entidade intervida para reflotar desde unha base non comprometida, quedando anulados os cobros e indemnizacións a xestores reponsábeis desta situación.

 

[Galiza, xuño de 2012]