Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 13/7/2012
A mobilización desenvolveuse a partir das 12.00 horas na zona de acceso ao supermercado, situado no interior do centro comercial Gran Vía, onde os afectados/as despregaron varias faixas e repartiron folletos informativos entre os clientes.
Dende a CIG indicaron que o motivo da protesta é denunciar que empresas como Seguriber, que se encarga da seguridade na empresa de alimentación, “impoñen, a base de presión, ameazas e coaccións, descolgues salariais e mesmo convenios de empresa que empeoran aínda máis as condicións laborais para seguir mantendo o seu marxe de beneficio nun mercado á baixa”. Diante disto, anuncian que seguirán a mobilizarse noutros establecementos da cadea de alimentación.
1