Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 18/7/2012
A decisión xudicial ratifica o que viña demandando a central nacionalista, polo que agora a Xunta ten que cumprir o seu “compromiso político” e proceder á execución dos avais para posibilitar a cancelación das débedas coas entidades acredoras e permitir a venda da compañía conserveira. “O conselleiro de Industria comprometérase a facelo cando se coñecese o auto, pero atópase de viaxe e non sabemos nada”, indican dende a CIG.
Neste senso, adiantan que lle solicitarán unha xuntanza ao titular do departamento autonómico “porque o proceso non se pode dilatar máis, xa que a administración concursal podería poxar a empresa e non manter os postos de traballo”. Finalmente, expresaron o seu temor a que a Xunta non cumpra o prometido e aseguraron que nese caso non descartan iniciar mobilizacións.
1