Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 19/7/2012
A CIG de Valdeorras protagonizou este mércores unha acción conta os recortes anunciados polo presidente español, Mariano Rajoy. Un grupo de delegados/as e militantes permaneceron arredor de hora e media encadeados á varanda situada na porta de acceso á oficina de Facenda no Barco.
A mobilización impediu a entrada de persoas ao recinto e foi suspendida cando axentes da Policía Local cortaron as cadeas utilizando unha cizalla.
Ao mesmo tempo, a Garda Civil procedeu á identificación de todas as persoas que participaron na protesta para rexeitar os últimos ataques do Goberno central contra a clase traballadora.
1