Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 20/7/2012
A CIG rexeitou a proposta de Correos porque non garante todos os postos de traballo
Os carteiros/as do centro de Vigo volven o luns ao traballo tras 46 días de folga para esixir o mantemento dos empregos
Os carteiros/as do centro de Vigo regresarán este luns ao traballo despois de que o cadro de persoal aceptase por un escaso marxe -22 votos a favor, 17 en contra e unha abstención- a proposta de Correos, o que puxo fin a 46 días de folga. Dende a CIG aseguraron que se tata dun “mal acordo” porque non establece o tempo de permanencia das catro novas unidades de reparto que se crean na cidade, “o que pode supoñer que nuns meses a empresa queira reorganizar de novo o servizo e decide prescindir de máis persoal”.

2012 06 12 ManifaFolgaCorreosVigo01

O único aspecto positivo do acordo é a redución do número de postos de traballo que Correos pretendía eliminar na zona centro de Vigo, que pasan de 13 a nove. Polo demais, o documento asinado hoxe despois de que fose ratificado en asemblea polos empregados/as (coa oposición da CIG e da CGT) non fixa a duración das catro novas zonas de reparto que se crean na cidade, “polo que nos tememos que nuns meses a empresa queira reorganizar o servizo e prescinda de máis postos”.

Diante disto, dende a CIG cualifican o acordo de “nefasto”e lembran que foi ratificado por un escaso marxe de votos, xa que se contabilizaron 22 a favor (maioritariamente de CCOO e UGT), 17 en contra e unha abstención. Remata deste xeito un conflito laboral que se iniciou hai 46 días e que figura xa como a folga máis longa en máis de 200 anos de historia de Correos.

1