Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 23/7/2012
Arredor dun cento de traballadoras/as secundaron as mobilizacións convocadas polo comité
Paros e protestas en Unísono de Vigo contra os despedimentos, o abuso e a represión na empresa de telemárketing
Arredor dun cento de traballadoras/es e delegadas/os sindicais de Unísono secundaron hoxe os paros e as concentracións de protesta convocadas polo comité para esixir a readmisión das compañeiras despedidas e denunciar os abusos e o acoso por parte da empresa de telemárketing con sede en Vigo. Dende a CIG rexeitan a implantación dun novo sistema de seguimento porque entenden que suporá novas rescisións de contrato.

2012 07 23 ProtestaUnisono01

As protestas diante de Unísono, na Gran Vía de Vigo, desenvolvéronse de 12.00 a 13.00 horas, coincidindo co paro convocado na empresa para reclamar a readmisión de dúas empregadas que foron despedidas por denunciar acoso laboral dunha superiora. Pola tarde terán continuidade entre as 16.00 e as 17.00 horas.

O comité convocou novas mobilizacións para esixir a reincorporación das traballadoras e para denunciar a política de abusos e represión. Ao mesmo tempo, dende a CIG sinalaron que a implantación dun sistema de seguimento das campañas traducirase en máis despedimentos.

1