Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 14/8/2012
Fernando Cabaleiro, representante da CIG no Comité de Empresa, asegura que segue habendo carga de traballo, pero que os provedores xa non subministran por mor das débedas acumuladas con eles. Débedas que tamén son contiosas coa Seguridade Social, con Facenda e coas empresas auxiliares.
Considera que esta situación viu provocada pola mala xestión empresarial e afirma que a pretensión dos propietarios é provocar que sexan os propios operarios quen acaben por deixar o posto de traballo agobiados pola situación económica, para así evitar abonar a correspondente indemnización e os salarios atrasados.
No mes de xuño xa protagonizaron varias xornadas de folga para presionar ao empresario e poder cobrar algo. Daquela aínda non se presentara a proposta de despedimento que anunciaron neste mes. Por iso acordaron convocar, desta volta, mobilizacións continuadas.
A CIG de Vigo denuncia que o cadro de persoal, que ten unha antigüidade media de 30 anos, está en situación de emerxencia, polo deterioro da situación laboral e polo incerto futuro que lles agarda. Serafín Otero, secretario comarcal, demanda solucións inmediatas e alerta da grave situación económica e laboral na que se atopa a comarca de Vigo, con outra empresa rendíbel que se atopa en situación desesperada.
1