Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 20/8/2012
Vaise outro dos bos e xenerosos
A CIG- ENSINO lamenta a perda de Avelino Pousa Antelo
A CIG-Ensino lamenta a perda de Avelino Pousa Antelo. Vaise outro dos bos e xenerosos, un galego que mantivo viva a memoria de Castelao e Bóveda, a memoria das Mocidades do Partido Galeguista e que honrou a Galiza co seu compromiso firme en defensa da nación, procurando o seu engrandecemento tanto no social, como no cultural, como no económico.

Queremos galego 19
Avelino Pousa Antelo

Avelino foi o elo que nos uniu coa xeración de Castelao e Bóveda e moito lle agradecemos o seu empeño de vencellar a nosa mocidade á tarefa de “loitar sen acougo pola mellora material, cultural e social da nosa Terra e da nosa xente.”

A CIG-Ensino desexa que a súa memoria permaneza en nós e que manteñamos vivo o compromiso dos que, como el, loitaron polo noso país.

1