Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 20/8/2012
Ás 11,30 horas iniciábase a marcha a pé desde a fábrica, no Polígono Industrial de Teixeiro até a Praza do Concello de Teixeiro. Unha mobilización que contou con apoio e a solidariedade dos veciños e veciñas que se sumaron ás mobilizacións.
Así, máis de cento cincuenta persoas remataron na praza do Concello exixindo á Dirección de Bioetanol Galicia a inmediata readmisión dos despedidos. O Presidente do Comité de Empresa pechou o acto agradecendo a participación de todos e todas en defensa dos postos de traballo en Bioetanol Galicia.
O pasado luns celebrouse unha reunión entre a Dirección e o Comité na que a empresa mantivo a súa decisión de non readmitir aos compañeiros despedidos, nin aceptou outras saídas menos traumáticas para os traballadores.
1