Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 11/9/2012
“Co aumento de alumando e a redución de profesorado pode falarse de escolarización máis non de educación no sistema público”, asegura Anxo Louzao.
Para este curso, o ensino público nestes niveis educativos contará con 12 centros e 132 unidades menos, 113 unidades que agrupan alumando de diferentes idades, niveis e cursos e 199 postos de traballo fixos suprimidos.
Recortes en Infantil e Primaria
|
|
Unidades suprimidas |
Postos de traballo suprimidos |
|
A Coruña |
26 |
37 |
|
Lugo |
40 |
54 |
|
Ourense |
38 |
68 |
|
Pontevedra |
28 |
40 |
|
Galiza |
132 |
199 |
A ampliación do horario do profesorado -que o curso pasado se implantou en Infantil e Primaria e que este ano afectará tamén a Secundaria- leva consigo que haxa menos posibilidades de facer desdobres e reforzo educativo e que aumenten os casos de profesorado que ten que impartir materias das que non é especialista. Os recortes tamén provocan que en Primaria o número de suprimidos e desprazados se incremente nun 45%, xa que en 2011 eran 168 os docentes afectados pola desaparición da súa praza e en 2012 esta cifra ascende a 245 e que haxa 359 profesores/as que impartan docencia en máis dun centro.
“Estamos ante un curso que evidencia a destrución de emprego e o empeoramento da calidade educativa. Coas medidas postas en marcha vai ser imposible reducir o fracaso escolar xa que é nestas idades, en Infantil e Primaria, onde hai que actuar para resolver as carencias na aprendizaxe e evitar que sexan insalvábeis no futuro”, explica Louzao.
Apoio á mobilización da Plataforma pola defensa da Montaña e o Rural
A CIG-Ensino apoiara mañá a mobilización organizada pola Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural que sairá ás 12 da mañá da Praza do Obradoiro até San Caetano para denunciar esta supresión de unidades, centros e profesorado nos centros educativos do rural e no ensino público en xeral. “Este desmantelamento programado de servizos, que afecta de xeito especial ao medio rural, reducirá a calidade pero tamén vai provocar un maior despoboamento”, di Louzao.
Redución de prazas nos comedores
A CIG-Ensino denuncia que a Administración mandou unha circular aos centros educativos na que se reduce o número de comensais en relación ao ano pasado, o que impedirá facer uso do comedor a nenos e nenas que si tiveron o servizo o curso pasado, sen respectar os límites que establece a normativa e sen ter en conta a opinión do Consello Escolar.
“Pero os recortes non afectan a todos iguais xa que a Consellaría actúa como representante da patronal da privada concertada e para este curso incrementa en 16 o número de unidades na concertada, desviando 248 millóns de euros para eles”, engade Anxo Louzao. Mentres o PP decide liquidar o programa de Preescolar na Casa, programa pioneiro que atendía a 4000 familias, fundamentalmente no rural, co conseguinte despedimento de 32 traballadoras/es. Non se dota de especialistas ao ensino público mentres se dota de profesorado de relixión a centros cunha carga horaria lectiva que en moitos casos non supera as 9 horas.
En canto ao idioma, a cruzada da Consellaría contra o galego levou a que o ensino na nosa lingua non chegue nin sequera ao 20% das aulas. Na Educación Infantil a situación agrávase ao haber unha porcentaxe de familias que se aproxima ao 50% que demandan que se impartan en lingua galega e que sen embargo teñen que escolarizar aos seus fillos/as exclusivamente en español, provocando que nos ámbitos urbanos a presenza do galego está aínda máis lonxe dos índices arriba indicados. Para a CIG-Ensino os datos evidencian que obxectivo que perseguía a Consellaría co Decreto do Plurilingüísmo era o de afastar o idioma das aulas.
1