Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 12/9/2012
Dende o comité de empresa (2 CIG, 2 UGT e 1 independente) explican que adoptaron a decisión despois de que os problemas para cobrar iniciados hai meses se agudizasen nos últimos tempos. A duración dos paros foi inicialmente de dúas horas diarias, mentres que na actualidade esténdense xa a media xornada.
Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de traballadores/as concéntrase todos os días fronte á compañía e mantén as instalacións vixiadas en quendas de 24 horas para evitar que o propietario poida sacar maquinaria ou material, como xa intentou con anterioridade.
Os representantes do cadro de persoal, composto por máis de 60 persoas, denuncian tamén que a compañía vén de presentar un ERE extintivo para todos os empregados/as e anuncian que seguirán coas mobilizacións no caso de que a empresa continúe sen abonarlles os soldos. De feito, o vindeiro luns celebrarán unha manifestación que partirá ás 11.00 horas do colexio Santiago Apóstol (Sanjurjo Badía, 79) para rematar fronte á sede de Asime (Doutor Corbal, 21).
1