Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 13/9/2012
A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordado polas organizacións sindicais para este mes de setembro, no que tamén se incluíu a convocatoria da exitosa manifestación celebrada o pasado sábado en Compostela. E unha xornada máis, as protestas estiveron enmarcadas por unha chamada a toda a cidadanía na loita contra o progresivo desmantelamento dos servizos públicos, uns servizos que en tempos de crise como actuais deberían ser potenciados como garante da cohesión social.
Os empregados/as das administracións criticaron que tanto o Goberno de Mariano Rajoy como o de Núñez Feijoo aposten por deixar a xestión dos servizos públicos en mans de empresas privadas, mentres “arremeten sen contemplacións contra o persoal do sector público, recortando os seus dereitos laborais e sindicais, destruíndo emprego e intentando socavar a confianza da cidadanía con campañas mediáticas e políticas destinadas a desacreditar a súa imaxe”.
Neste senso, lembraron que nos últimos 15 anos, os traballadores/as das administracións viron recortados os seus dereitos laborais e sociais e perderon un 45% dos salarios.
O calendario de mobilizacións continuará o vindeiro xoves cunha nova xornada de protestas nos centros de traballo.
1