Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 14/9/2012
Fronte a isto, a Federación da Saúde da central nacionalista bota man dos datos do Banco de España (www.bde.es/webbde/es/estadis/infoest/htmls/cdp.html) para subliñar que a débeda pública en Galiza pasou de 3.954 millóns de euros en 2008, a 7.627 millóns de euros en 2012, tal e como se ve no cadro que acompaña a esta nova.
“Mentres Feijoo aforraba como unha formiga”, critican dende a CIG-Saúde, “aumentando a débeda pública en máis de 3.500 millóns de euros, ese suposto aforro, esa austeridade, púxoa como escusa para ir recortando máis e máis dereitos laborais e sociais”.
Eses recortes, lembra a Federación da CIG, supuxo para os traballadores e traballadoras do Sergas:
-Suspensión dos acordos retributivos.
- Eliminación do Plan Mellora, coa perda de postos de traballo que estaban orzamentados
- Perda de postos de traballo por mor das privatizacións: plataforma loxística, cociñas, fisioterapia...
- Imposición da taxa de reposición, desaparición das OPE, desaparición da contratación de substitucións...
- Imposición da Lei de Medidas Urxentes: perda de días de libre disposición, perda do complemento de IT, incremento da xornada...
- Eliminación da paga extraordinaria de decembro.
“Gustaríanos saber canto de formiga hai nun Goberno que incrementa en máis de 3.500 millóns de euros a débeda pública en só catro anos. Ou é que o señor Feijoo sabe o conto ao revés? A nós as contas non nos dan: se tan controlado temos o gasto, e con todos os recortes que se fixeron (e que sufre a clase traballadora), onde foron parar estes 3.500 millóns de euros?”, pregúntase.
Por iso, a CIG-Saúde chama a Núñez Feijoo a que “non intente enganarnos con contos infantís” e acúsao de ser “o Presidente máis nefasto que tivo Galiza nunca”.
1