Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 14/9/2012
Despois de once xuntanzas a dirección continúa sen aceptar melloras sociais que supoñan un incremento da masa salarial
O comité de empresa de Vitrasa concéntrase ás portas da compañía para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio
Os membros do comité de empresa de Vitrasa -a concesionaria do servizo de transporte municipal de Vigo- realizaron hoxe unha concentración ás portas da compañía para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo. Denuncian que a empresa se nega a aceptar calquera mellora social que supoña un incremento da masa salarial.

2012 09 14 ProtestaConvenioVitrasa01

A protesta desenvolveuse na entrada ás instalacións da compañía entre as 9.00 e as 14.30 horas. Os representantes sindicais despregaron no lugar varias faixas nas que se reclamaba “un novo convenio” e “un convenio xusto”, ao tempo que explicaron que tras once xuntanzas a dirección négase á subida salarial do 1% (uns 400 euros anuais lineais para cada traballador/as “e só aceptaría introducir no acordo melloras sociais que non supoñan un incremento da masa salarial”.

Os representantes da CIG no comité de empresa indicaron que este último extremo “é imposíbel” xa que incluír, por exemplo, un descanso máis ou modificar o sistema de vacacións “traduciríase nu8n aumento do gasto en persoal”. Dende a central nacionalista indicaron tamén que os traballadores/as pretenden modificar o sistema de vacacións, para o que lle trasladaron dúas propostas á compañía que foron rexeitadas.

1