Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 17/9/2012
A manifestación rematou diante da sede de ASIME, a patronal galega do metal
Os traballadores/as de Hermanos Rodríguez percorren as rúas de Teis para reclamar o cobro dos salarios pendentes
Os traballadores/as da empresa Hermanos Rodríguez Gómez de Vigo percorreron esta mañá en manifestación as rúas de Teis para denunciar a actitude do propietario e reclamar o cobro dos salarios pendentes. A marcha reivindicativa rematou diante da sede da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galiza (Asime), a patronal galega do sector do metal.

2012 09 17 ManifaHermanosRodriguez01

Os empregados/as da firma situada no peirao de Bouzas e dedicada á fabricación de cintas transportadoras de peixe partiron pasadas as 11.00 horas do colexio Santiago Apóstol, na rúa Sanjurjo Badía, no barrio vigués de Teis, zona próxima á vivenda do propietario.

Durante máis de media hora percorreron distintas rúas até chegar á sede de Asime, a patronal galega do metal, da que fai parte a compañía Hermanos Rodríguez.

Durante o traxecto os afectados/as foron repartindo folletos informativos entre os viandantes nos que se explica o conflito laboral e se lembra que o propietario lles adebeda os salarios dende o pasado mes de marzo, ademais das correspondentes indemnizacións por despedimento. Ao mesmo tempo, denunciaron que a dirección da empresa tampouco abona as cotas á Seguridade Social nin paga aos provedores. 

1