Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 19/9/2012
O persoal acompañou ao titular do departamento autonómico durante a súa chegada e percorrido até a sala de reunións onde ía ter lugar o acto, até que finalmente se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte da policía.
Dende o sector de Xustiza da CIG-Administración lamentaron a falta de solidariedade do xuíz decano e a fiscalía co resto do persoal, porque “todos eles tamén son empregados con soldo do erario público”. Con esta acción, os traballadores/as querían amosar, unha vez máis, o descontento xeneralizado que existe por mor dos continuados ataques aos dereitos laborais e sociais e contra o desmantelamento e privatización dos servizos públicos.
Nova xornada de mobilizacións o xoves 20
Mañá, xoves 20 de setembro, os traballadores e traballadoras das administracións públicas continuarán co calendario de mobilizacións en contra das políticas de recortes de dereitos e o desmantelamento dos servizos públicos levados a cabo polos gobernos do PP. Entre as 11:00 e as 12:00 horas están programadas concentracións diante dos centros de traballo de toda Galiza (hospitais, edificios administrativos, oficinas do INSS, centros de saúde, delegacións, etc.).
1