Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 20/9/2012
O responsábel do sector, Fernando García, sinala que a finais de xuño había constancia de que a toma de posesión do persoal veterinario que participou nun concurso de traslados sería en setembro. “Porén, agora a Dirección Xeral de Función Pública bota para atrás e retira a publicación que estaba prevista para o día 19 no DOG”, critican.
A respecto dos posíbeis motivos desta decisión, CIG-Autonómica subliña que as disfuncións que se producen tras calquera proceso de mobilidade dopersoal, “van existir antes ou despois das eleccións, agora ou en febreiro. A diferenza é que si se realiza antes do 21 de outubro tal e como estaba previsto o Partido Popular considera que se vai ver afectado e por iso non dubida en hipotecar o dereito á mobilidade de 400 profesionais que levan máis de 20 anos sen poder exercelo”.
Neste senso, destacan que a Administración Pública e o seu funcionamento deben ser neutrais e independentes de calquera decisión electoral e funcionar con obxectividade. Máis tendo en conta que estamos a falar de cuestións referentes á saúde e seguridade alimentaria de todas as galegas e galegos.
1