Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 21/9/2012
O peche unilateral de parte dos servizos realizouse sen ningún tipo de preaviso afectando a todo o persoal da cafetería, ademais da supresión da quenda de noite pasando a ter aberto unicamente de 7h a 23h cando antes abría as 24 horas, o que afectou tamén ao persoal de pista.
Esta empresa conta outros dous centros de traballo en Pontevedra e Salvaterra. Durante os últimos meses o empresario recollía a recadación e a levaba mentres non pagaba os salarios do persoal e mesmo chegou a provocar o desabastecemento de combustíbel en varias ocasións.
As traballadoras despedidas reclaman que se lle paguen as cantidades que se lles deben así como as indemnizacións e o persoal que segue no cadro de persoal exixe cumprida información da situación na que van a desenvolver o seu traballo a partir de agora, xa que a redución de persoal supón traballar mais horas sen cobrar ningún tipo de salario.
Do mesmo xeito, adianta a FGAMT-CIG, o persoal desenvolverá un calendario de mobilizacións se non se reanuda inmediatamente o abono dos salarios e se da cumprida información de como se vai facer fronte ás débedas, mais da situación real e de futuro deste centro de traballo.
1