Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 3/10/2012
O comité de empresa convocou unha xornada de folga para rexeitar os incumprimentos na sinatura do ERE
As traballadoras de Berbescon maniféstanse en Vigo para denunciar os incumprimentos da dirección e reclamar o pago dos salarios
Os traballadores/as da compañía viguesa Berbescon, dedicada á elaboración, transformación e comercialización de produtos derivados do peixe conxelado, percorreron hoxe as rúas da cidade en manifestación para denunciar os incumprimentos da dirección e reclamar o pago dos salarios pendentes. O comité de empresa convocou tamén unha xornada de folga.

2012 10 03 ManifaBerbesconVigo01

A marcha partiu da sede da firma, situada na zona do Berbés, e percorreu a Avenida de Beiramar. Durante o traxecto, os afectados/as berraron consignas esixíndolle á dirección da firma o pago dos soldos que lles adebeda.

Ao mesmo tempo, o comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) denunciaron os incumprimentos por parte da dirección con respecto á  firma do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), o que levou os representantes dos traballadores/as a convocar unha xornada de folga.

1