Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 5/10/2012
Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan tamén un paro parcial e unha concentración de protesta
Os traballadores/as do Grupo Ibericar irán á folga contra a intención da empresa de aplicar a reforma laboral e reducir salarios
Os traballadores/as do Grupo Ibericar, dedicada á actividade de concesionarios de automóbiles, irán á folga para rexeitar a intención da empresa de aplicar a nova reforma laboral do PP e reducir os salarios un 12% de media. Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan tamén un paro parcial e unha concentración diante de Mapfre, principal accionista da compañía no Estado español.

logo CIG Metal

Dende a CIG-Metal explican que a dirección de Ibericar -grupo de empresas con 1.250 traballadores/as en todo o Estado e que conta cun concesionaria no Avenida de Madrid de Vigo- abriu un período de consulta legal de 15 días para modificar as condicións de traballo, en concreto para reducir os soldos entre un 5% (os máis baixos) e un 20% (os de maior contía).

Tras a constitución da mesa negociadora estatal (7 representantes de CCOO, 4 de UGT e 2 da CIG) e manter as primeiras xuntanzas coa compañía, esta só se amosou disposta a ceder un 1% aproximadamente e baixar os salarios unha media dun 11% en lugar do 12% anterior.

Diante disto, consensuouse un calendario de mobilizacións que inclúe paros, folgas e concentracións. As protestas comezarán o vindeiro día 15 cun paro parcial entre as 11. 00 e as 15.00 horas, mentres que para o día 19 hai convocada unha xornada de folga. Os afectados/as aproveitarán para realizar unha concentración diante da Mapfre -principal accionista do grupo de empresas portugués- no nó de Isaac Peral, en Vigo, entre as 10.00 e as 13.00 horas.

1