Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 9/10/2012
Estes centros e as empresas das que dependen son, na súa maior parte, asociacións de afectados /as ou entidades sen ánimo de lucro que están a prestar un servizo social de suma importancia do que a propia administración debería responsabilizarse .As escasas cotas e recursos que poden achegar os seus socios e socias e os obxectivos de servizo público, non estritamente empresariais fan que dependan, case que en exclusiva, das axudas e subvencións que reciben das institucións públicas e moi especialmente da Consellaría de Benestar.
Os recortes aplicados nas mesmas e os atrasos no seu pagamento están poñendo en perigo a supervivencia destes centros e o servizo que prestan afectando xa ás condicións salariais do seu persoal e á calidade do servizo para os seus usuarios e usuarias. Ademais as condicións do persoal están reguladas por un convenio de ámbito estatal, que ven de publicarse hoxe mesmo no BOE, que supón rebaixas nas condicións laborais e que non se adapta ás condicións específicas de Galiza , con competencias no sector, e aos recursos que fornecen estes centros.
Na concentración de hoxe, a CIG-Ensino, esixiu solucións para aos usuarias e usuarios destes centros e para os seus traballadores, afectados tamén polos recortes aplicados polo PP no Goberno da Xunta.
1