Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 9/10/2012
A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións aprobado en asemblea
Os traballadores/as de Grafoplas concéntranse ás portas da empresa contra o despedimento de oito compañeiros/as
Traballadores e traballadoras de Grafoplas, situada en Culleredo e dedicada á fabricación e venda de material de oficina, concentráronse este martes ás portas da factoría en rexeitamento aos oito despedimentos executados pola empresa, aproveitando as facilidades introducidas pola regresiva reforma laboral do PP.

12-10-09 Concentracion Grafoplas

A protesta, que se desenvolveu entre as 15:00 e as 15:30 horas, enmárcase no calendario de mobilizacións aprobado pola asemblea de traballadores/as, consistente en realizar concentracións os martes de cada semana. Así mesmo, estase a estudar a posibilidade de realizar unha xornada de folga, aínda que falta por concretar a data.

A empresa pola súa banda alega causas económicas para xustificar os despedimentos e aprovéitase das facilidades introducidas na reforma laboral aprobada polo PP, para desfacerse do seu persoal dun xeito sinxelo e barato. 

1