Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 11/10/2012
Con esta protesta, o Comité denunciou os sucesivos recortes e medidas arbitrarias que está a adoptar o departamento autonómico de Traballo e Benestar contra o seu persoal e os efectos que están a ter na calidade asistencial nos centros públicos. Así, explicaron que os traballadores e traballadoras non teñen non compensacións por traballar domingos ou festivos como outro persoal da administración, e mesmo se dan situacións nas que hai empregados/as que pasan nove días seguidos sen descanso.
Ao mesmo tempo, a Consellaría continúa avanzando no proceso de desmantelamento e privatización da xestión dos servizos sociais en favor das empresas privadas, amortizando postos de traballo e rebaixando as condicións laborais, coas repercusións que isto ten para a calidade asistencial achegada aos usuarios e usuarias.
1