Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 11/10/2012
Convocadas pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos
Manifestacións, o luns 15 en todas as cidades, en defensa dos servizos públicos e contra as políticas antisociais do PP
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, da que forma parte a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG-Saúde) fixo esta mañá, en rolda de prensa, un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular. Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas.

12-10-15 cartaz mani Plataforma Galega en Defensa Servizos Públicos

As horas e lugares de saída das manifestacións previstas son:

mobilizacións  

A Coruña :  Praza de Pontevedra- 19:00 h

Compostela: Alameda- 19:00 h

Ferrol :  Praza de España – 19:00 h

Lugo: Edificio Admtvo Xunta- 19:00 h

Ourense: Pavillón dos Remedios- 19:00 h

Pontevedra: Praza da Ferrería -20:00 h

Vigo: Vía Norte- 20:00 h

Nova xornada de protestas

Os traballadores e traballadoras da administración pública continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra dos recortes laborais, salariais e sociais impostos polos Gobernos do PP e na defensa duns servizos públicos de calidade. O persoal protagonizou protestas diante dos distintos centros de traballo (edificios administrativos, centros hospitalarios, delegacións, oficinas da Seguridade Social, xulgados, etc.) espallados por toda Galiza.

1