Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 17/10/2012
Este xoves, ás 16:20, con saída desde o edificio administrativo da Xunta, en San Caetano
Marcha a Montepío en defensa dos servizos e do emprego público
O sector da Autonómica da CIG-Administración, xunto con CCOO, convoca para mañá xoves, día 18 de outubro, ás 16:30 horas, unha marcha reivindicativa que sairá desde o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, até a residencia do Presidente da Xunta, en Montepío. O obxecto é reclamar a defensa dos Servizos Públicos, salarios dignos, que se respecten os contidos do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza e manifestar a súa oposición ás privatizacións, aos despedimentos e aos recorte de dereitos laborais no ámbito da Administración da Xunta de Galiza.

12-10-18 marcha a Montepío

A duración da marcha será de aproximadamente dúas horas e media e percorrerá, desde o edificio da Xunta,  a Praza da Paz, Rúa da Pastoriza, Rúa dos Basquiños, Rúa Santa Clara, Rúa San Roque, Rúa da Algalia de Arriba, Praza de Cervantes, Rúa da Acibechería, Praza da Inmaculada, Rúa de San Francisco, Rúa de Entrerríos, Costa de Santa Isabel, Rúa das Casa Novas e remate na Rúa do Monte Pío.  

 

1