Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 17/10/2012
As tres centrais denuncian que os recortes só serven para afondar na crise e na perda de dereitos sociais
CIG, CCOO e UGT convocan unha protesta comarcal “contra o saqueo do pobo” este xoves en Vigo
A CIG, CCOO e UGT de Vigo convocan unha concentración este xoves 18 na farola de Urzaiz ás 20.00 horas baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” -o escollido tamén nas protestas unitarias de agosto- para denunciar o ataque contra a clase traballadora que supoñen as medidas impostas polo neoliberalismo aos gobernos a cambio do rescate á banca. Lembran que os recortes están a provocar un empeoramento da situación económica, destrución masiva de emprego, empobrecemento da maioría social e perda de dereitos laborais e democráticos.

2012 10 17 ConcentracionSaqueoVigo

Os tres sindicatos aproveitarán a protesta para amosar unha vez máis o seu rexeitamento ás últimas reformas laborais e para denunciar que mentres  se lle entregan milleiros de millóns de euros aos bancos, a maioría da poboación sofre recorte de salarios e incremento de taxas nos servizos públicos, como o ensino ou a sanidade.

De feito, auméntase a contribución no abono sanitario e desaparece o aseguramento universal do sistema estatal de saúde. Ao mesmo tempo, atácase o dereito á xubilación e e preténdese rematar coa negociación colectiva.

1