Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 19/10/2012
Fronte a isto, as 12 persoas acusadas denuncian que foron “identificadas por falar en galego, golpeadas brutalmente, detidas e criminalizadas, encanto a minoría extremista deste país, que é partidaria de aniquilar a nosa lingua se manifestaba con protección policial e a compañía de centenas de persoas traídas en coche vindos de fóra de Galiza”.
Proclaman que defender o galego non é un delito e teñen constituído o “Colectivo de procesad@s @8F_45anos”, desde o que demandan a solidariedade de organizacións políticas, sociais e de todas as persoas que defenden a lingua, para que se denuncie “o xuízo político de que seremos obxecto”, reivindicando a súa liberdade, o día do inicio da vista.
Lembran que a nosa lingua nacional se atopa nun estado límite e que a gravidade da situación é tal que, segundo confirman os estudos sociolingüísticos máis solventes, “a transmisión xeracional non está e, ne cuestión de décadas, de non medrar profundas mudanzas en políticas e actitudes por parte da sociedade galega e as institucións, podémonos enfrontar ao suceso final dun proceso de exterminio lingüístico iniciado en 1492”.
1