Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 19/10/2012
Fronte a isto, nin hai gasto social, nin investimento público, imprescindíbel para revitalizar a economía
Os orzamentos xerais do Estado destinan un de cada catro euros a pagar a débeda
O orzamentos xerais do Estado para 2013 son enormemente restritivos e van afondar máis nas fortes desigualdades sociais existentes. Nos únicos capítulos en que realmente aumentan os gastos son os derivados do endebedamento, sexa pagar xuros, sexa amortizar a débeda. Tal é así que máis do 25% (1 de cada 4 euros) teñen este destino. Entrementres redúcense as partidas destinadas a gasto social ou fomento do emprego. Ao tempo, Galiza sofre un descenso dos gastos en investimentos reais do 23,3%, moi por riba do descenso medio global desta partida.

10-11-03 mani folga xeral orzamentos Xunta 01

Así se desprende da análise do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013 realizado polo Departamento de Economía da CIG. A súa responsábel, Natividade López considera que, á vista dos datos, estamos ante uns orzamentos “terríbeis” para a clase traballadora e a poboación máis desfavorecida “xa que dun lado detraen fondos destas capas sociais para destinalos aos de maiores recursos (sobre todo á banca) e, por outro, non hai ningunha medida que poida contribuír a saír da crise”

PROXECTO DE ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA 2013

Inmersos nunha profunda crise dende hai catro anos e sen sinais de recuperación, o Goberno do Estado presenta un proxecto de Orzamentos, novamente restritivo, que coidamos vai afondar aínda máis na xa precaria situación da nosa economía.

A política orzamentaria, no contexto político actual, é practicamente a única ferramenta coa que conta o Goberno para mudar ou paliar os efectos devastadores que a crise está xerando, nomeadamente na poboación máis desfavorecida. Ante isto, vemos cunhas contas públicas que entendemos que van contribuír a que se afonde aínda máis nesta situación, xa que a restrición do gasto afecta a practicamente todos os capítulos salvo os gastos derivados da débeda pública.

Redúcese o investimento público, conxélase o salario do persoal das administracións, redúcese o gasto social, renúnciase practicamente ás políticas de fomento do emprego..., co que están contribuíndo a agravar a depresión económica e condenando a unha parte importante da sociedade a vivir practicamente na indixencia.

Ademais, todas as medidas, ou axustes, que se están levando a cabo teñen uns importantes efectos distributivos sobre a sociedade. Así non se debe esquecer que os orzamentos xerais son o principal indicador de política económica existente. Non é o mesmo recadar máis incrementando a imposición directa que a indirecta, ou se as medidas afectan por igual aos cidadáns e cidadás de rendas altas que aos de rendas baixas. Así mesmo, polo vía dos gastos, os efectos sobre a distribución da renda de destinar máis ou menos fondos a gasto social son moi relevantes. Pois ben, os orzamentos para 2013 van afondar aínda máis nas xa fortes desigualdades existentes nesta sociedade.

Temos denunciado moitas veces que no ciclo alcista que acaba de rematar na economía española se deron en incrementar fortemente as desigualdades entre as rendas do traballo e as do capital, feito que se está agudizando na  fase recesiva, ao cal está contribuíndo dunha forma alarmante a política económica deste Goberno, feito que se reflicte claramente neste proxecto de orzamento. A saber:

Se analizamos os ingresos por capítulos, entre os capítulos non financeiros, os únicos que incrementan os fondos son o I e o II, impostos directos e indirectos, pero o medre é moi superior no capítulo dos indirectos.

Os cambios introducidos no IVE, desde setembro do 2012, coa modificación dos tipos de gravame  a aplicar (medrou en catro puntos o xeral e o reducido), e unha reorganización das actividades suxeitas a estes, explican -segundo o Goberno- este incremento da recadación. Prevén recadar a través do IVE un 13,2% máis que o liquidado realmente en 2012.

O incremento a través do IRPF é dun 2,2%, medre que se explica pola tributación dos premios de lotería ata o de agora exentos, a suba no tipo de retencións nos rendementos por actividades profesionais e a fin na compensación na adquisición de vivenda.

O maior incremento é vía recadación de imposición indirecta. Cada vez na presión fiscal ten máis peso a recadación indirecta que a directa, o que resta progresividade ao sistema impositivo, xa que os impostos indirectos non discriminan en función das rendas, é dicir, págase o mesmo independentemente do nivel de ingresos, o que contribúe a incrementar as desigualdades sociais.

Esta inxustiza na recadación non se corrixe co reparto dos fondos. Só a análise da distribución por capítulos, xa nos permite facer a dita aseveración.

 

Gastos consolidados.                                                              (millóns de euros).

Capítulo

2012

2013

Variación

 %

 

Importe

% total

Importe

% total

I. Gastos de persoal

33.150,73

9,2

33.389,84

8,7

0,4

II. Gastos en bens correntes e de servizos

7.619,82

2,1

7.180,64

1,9

-5,8

III. Gastos financeiros

28.913,88

8,0

38.660,23

10,1

33,7

IV. Transferencias correntes

214.054,86

59,1

213.271,27

55,8

-0,4

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

283.739,29

78,4

292.401,98

76,5

3,1

V. Fondo de continxencia

2.367,26

0,7

2.565,84

0,7

8,4

VI. Investimentos reais

6.182,28

1,7

5252,19

1,4

-15.0

VII.Transferencias de capital

6.618,55

1,8

5.312,52

1,4

-19.7

OPERACIÓNS DE CAPITAL

12.800,84

3,5

10564,72

2,8

-17,5

T. GASTOS NON FINANCEIROS

298.907,39

82,6

305.532,53

80,0

2,2

VIII. Activos financeiros

12.869,25

3,6

13.928,07

3,6

8,2

IX. Pasivos financeiros

50289.17

13,9

62.588,22

16,4

24,5

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

63.158,42

17,4

76.516.29

20,0

21,1

Total orzamento

362.065,81

100.0

382.048,83

100.0

5,5

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013.

Nos únicos capítulos en que realmente aumentan os gastos son os derivados do endebedamento, sexa pagar xuros, sexa amortizar débeda.

No caso do pagamento de xuros da débeda a cantidade ascende aos 38.660,23 millóns de euros, un 33,7% máis do destinado no ano anterior. Así, prevese destinar a pagar xuros un 10,1% do total do orzamento, de xeito que se gasta máis en pagamento de xuros da débeda que nos gastos de persoal de toda a administración central, que supoñen o 8,7% do total do orzamento.

A isto cómpre engadirmos a amortización de débeda, que durante 2013 se prevé que acade os 62.500 millóns de euros, un 16,4% de todo o orzamento. En conxunto estas dúas partidas (xuros e amortización da débeda) absorben máis do 25% do orzamento.

Evidentemente, o recadado é insuficiente para facer fronte a estes gastos, polo que se prevé un endebedamento bruto de 110.340,99 millóns de euros. Se a isto sumamos as amortizacións, o endebedamento neto sería de 48.020,76 millóns, practicamente para pagar os xuros.

En conclusión, cada vez detráese unha parte máis importante de fondos da poboación traballadora, vía imposición indirecta, sobre todo; e ao tempo destínanse cada vez menos fondos á poboación máis necesitada (o gastos social diminúe), e máis fondos tamén a un reducido grupo de especuladores, posuidores da débeda pública (a gran banca fundamentalmente), que por outra banda foron, practicamente, os únicos responsábeis da crise que estamos padecendo.

Pero, á marxe de agudizar as diferenzas ou desigualdades sociais que van xerar os cambios normativos en materia tributaria, así como o reparto dos fondos obtidos, é difícil dar credibilidade ao monto total dos ingresos, xa que o escenario macroeconómico que sustenta este orzamento non é críbel.

Prevese que o Produto Interior bruto (PIB) se reduza en apenas un -0,5% durante o ano 2013, despois de caer un 1,5% durante 2012. Esta previsión está sustentada no comportamento da demanda externa, xa que se estima polo Goberno que a contribución desta ao crecemento do PIB medre un 2.3%, mentres a contribución da demanda interna cae un 2,9%. É difícil de crer que nun contexto económico recesivo, no que a OCDE estima que a economía da zona euro vai descender entre un 0,4 e un 1,4%, e sendo este o noso principal mercado, a demanda externa vaia soster a economía española.

Tampouco é críbel a evolución dos parámetros internos. Malia que estiman unha importante caída do consumo final (o privado un 1,4% e o público un 8,2%), prevén que o emprego descenda soamente un 0,2% e se reduza o número de persoas paradas. Os datos do emprego só resultarían críbeis se hai un importante número de persoas que opten pola emigración.

Aínda dando por certas as estimacións das variábeis macroeconómicas anteriores, o que non se explica é, como con esta forte caída do consumo, os ingresos a través do IVE van poder medrar máis dun 13%. É certo que a suba do tipo de gravame é moi importante, pero tamén cabe pensar que un incremento de tal magnitude limita o consumo, xa que son produtos de uso comúns os que se ven afectados, non só os de luxo.

O mesmo ocorre coa recadación a través do IRPF. A pesar das modificacións, os altos niveis de paro, conxelación ou redución de salarios no sector privado, perda de ingresos dos parados, perda de poder adquisitivo dos pensionistas e funcionarios/as, etc., como se vai recadar máis a través das rendas do traballo?.

Parecen unhas contas cadradas para situar o déficit público dentro dos parámetros esixidos por Bruxelas, pero lonxe da realidade, e do que necesita este país.

Polo lado dos gastos, as distintas partidas do gasto social son unhas das máis prexudicadas.

Gasto social.

 

2012

2013

Variación

Pensións

115.825,93

121.556,51

4,9

Outras prestacións económicas

12.014,49

11.880,26

-1,1

Servizos e promoción social.

2.119,04

2.848.49

34,4

Fomento do emprego

5.764,74

3.771,51

-34,6

Desemprego

28.805,05

26.993,70

-6,3

Acceso a vivenda

820.11

765,88

-10,4

Xestión e administración da seguridade social

2.901,12

4436,30

52,9

(1) PROTECCIÓN E PROMOCIÓN

 SOCIAL

168.250,49

172.252,65

2,3

Sanidade

3.974,62

3.852,27

-3,1

Educación

2.220,19

1.944,73

-12,4

Cultura

937,40

721,70

-23,0

(2) PRODUCIÓN DE BENS

 PÚBLICOS DE CARÁCTER

PREFERENTE.

7.132,22

6.518,70

-8,6

GASTO SOCIAL (1)+(2)

175.382,70

178.771,35

1,9

Comezando polo capítulo das pensións, o incremento recolle tanto os novos pensionistas, o efecto substitución (desaparecen do sistema pensionistas con pensións máis baixas dos que entran) como o incremento dun 1% para todas as pensións.

Dentro doutras prestacións económicas (en conxunto descende un 1,1%) é de salientar o descenso do 31,9% das prestacións de garantía salarial. Este tipo de prestacións víronse reducidas desde mediados deste ano tanto no caso de incumprimento de salarios como no das indemnizacións. No caso dos salarios, non só se reduciron os días de 150 a 120, senón que a contía pasou do triplo ao duplo do SMI, ao igual que as indemnizacións. O impacto económico desta modificación é dunha redución desta partida de preto do 32%: 406,70 millóns de euros menos que van deixar de percibir traballadores que queden sen o seu posto de traballo.

En servizos e promoción social están incluídos 1.040,00 millóns de euros que son obrigas de exercicios anteriores. Se se corrixe este efecto pasamos a un descenso do 14,4% de gasto nesta partida. Este grupo xa sufrira un descenso do 15,7% no ano anterior. Estamos falando dunha redución superior ao 30% en dous anos. Dentro deste, inclúense medidas tendentes a corrixir as desigualdades derivadas de carencias, xa sexan físicas, psíquicas ou sociais, servizos socias da terceira idade e minusválidos,  inmigración, drogadicción e infancia e familia, así como igualdade de oportunidade, violencia de xénero... A súa importancia é evidente e a redución que se lle aplica tamén.

O único programa que aumenta dentro deste grupo é o de atención á dependencia, mais probabelmente sexa dentro deste programa no que están incluídas as obrigas de exercicios anteriores contabilizadas neste próximos orzamentos, polo que finalmente non sabemos a evolución desta partida.

Novamente, o programa de fomento de emprego sofre un retroceso. Neste caso do 34,6%, o que unido ao 21% que xa experimentara no ano anterior, supón unha baixa dun 55% menos en dous anos. É dicir, no momento de maior perda da ocupación desde que existe a democracia, o fomento do emprego é unha das partidas máis castigadas do orzamento. A supresión das bonificacións das cotas á seguridade social xustifica esta medida. Aínda que sexa certo que estas non eran eficientes, o que non se debe é abandonar o fomento do emprego nun momento como o presente; todo o contrario, cumpriría destinar máis fondos a este fin, creando políticas novas e mesmo sendo o sector público o cree postos de traballo.

Dentro deste programa tamén están incluídos os créditos para Formación Profesional para o Emprego, aos cales se prevé destinar neste próximo ano 1.801,96 millóns de euros, un 0,4% menos que no ano anterior.

A partida de desemprego sofre, de novo, un importante descenso. A previsión para o próximo ano é dunha caída do 6,3%, destinando a este programa 26.993,70 millóns de euros. Esta redución xustifícana tanto na redución do número de persoas paradas, como na redución do gasto:

  • Axustes no computo das rendas de patrimonio para ter acceso ao subsidio.
  • Redución da contía da prestación a partir do sétimo mes do 60 ao 50% da base reguladora.
  • Eliminación da contribución á SS por parte da entidade xestora da parte correspondente ao traballador/a en situación de desemprego.
  • Elevación aos 55 anos de idade para o subsidio, antes coñecido como de 52 anos

Xunto a isto, prevén unha leve redución do numero de parados/as, de 5.671.000 que de media se estiman en 2012 a 5.598.600 en 2013. Estimación difícil de crer vendo a realidade na que estamos e incluso dando por válido o escenario macroeconómico que sustenta esta previsión orzamentaria, no que se estima unha caída do emprego total do 0,2%. Se cadra a emigración poida axustar estas variábeis.

Medre ou non medre o número de parados/as, o que é evidente e a redución no nivel de ingresos dos que se atopan nesta situación.

Temos que ter en conta, así mesmo, o elevado número de persoas paradas que por levaren moito tempo sen traballar quedan fóra de calquera tipo de axuda do servizo público de emprego; en Galiza, nestes momentos, máis do 40% dos parados/as rexistrados.

Doutra banda, o programa de acceso á vivenda descende un 10,4%.

A partida destina a xestión e administración da seguridade social increméntase nun 52,9%. A explicación a este incremento é a adquisición de activos financeiros por parte das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

Dentro desta partida están incluídos os gastos inherentes á inspección de traballo, xestión recadatoria, compra de activos, ou xestión do fondo de reserva, o cal -a 17 de setembro- ascende a 69.184 millóns de euros.

Tamén os programas de educación, sanidade e cultura, sofren unha forte perda de fondos, pero estes programas cómpre analizalos xunto cos da comunidade autónoma, xa que a meirande parte das competencias nesta materia están transferidas.

Os programas en I+D civil mantéñense con respecto ao orzamentado en 2012 para este capítulo.

Fóra do gasto corrente, os investimentos de capital (capítulo VI e VII) sofren de novo unha importante redución, do 15 e 19,7% respectivamente, á que, se lles sumamos as xa padecidas neste ano 2012 (do 15 e 41%), dá unha idea do castigado que foi o investimento público nesta etapa recesiva.

Nin hai gasto social nin investimento público, tan necesario para revitalizar unha economía cando a iniciativa privada está en fase recesiva.

Temos un espectacular crecemento da débeda pública, motivada polo proceso de axudas ao sector financeiro, e descenso do investimento público e do gasto social, todo isto adobiado dun forte incremento da presión fiscal. Nunca o traspase de fondos a uns poucos -os máis ricos- foi tan grande e a cambio de nada.

Cómpre agora analizarmos tanto a distribución territorial do investimento real, como os fondos que recibe cada comunidade a través do Fondo de compensación Interterritorial.

Distribución territorial do investimento real en 2013. millóns de euros.

 

2012

2013

 

 

 

 

Variación

Andalucía

1.851,91

1.632,84

-11,8

Aragón

467,55

328,96

-29,6

Asturias

506,95

426,07

-16,0

Baleares

143,25

78,72

-45,0

Canarias

286,68

269,54

-6,0

Cantabria

121,9

159,55

30,9

Castela e León

1.584,89

1.587,11

0,1

Castela a Mancha

855,4

612,33

-28,4

Catalunya

1.403,21

1.262,30

-10,0

Estremadura

368,79

327,6

-11,2

Galiza

1.706,15

1.309,08

-23,3

Madrid

1.265,59

1.078,65

-14,8

Murcia

375,67

408,56

8,8

Navarra

79,98

25,34

-68,3

A Rioxa

75,03

64,51

-14,0

Valencia

1.008,56

654,45

-35,1

Euscadi

521,75

350,36

-32,8

Melilla

28,44

22,77

-19,9

Ceuta

46,03

44,13

-4,1

T. rexionalizábel

12.697,73

10.642,87

-16,2

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado español 2013.

Malia o atraso histórico, sobre todo en materia de infraestruturas, que padece Galiza, sofre un descenso dos gastos en investimentos reais do 23,3%, moi por riba do descenso medio global desta partida.

Tampouco a través do Fondo de compensación interterritorial se compensa esta desigualdade.

Fondo de compensación interterritorial (en millóns de euros)

 

2012

2013

2013/

2012 %

 

Importe

% total

Importe

% total

Galiza

76,99

11,6

61,16

10,7

-20,6

Andalucía

236,87

35,8

204,59

35,8

-13,6

Asturias

20,30

3,1

16,22

2,8

-20,1

Cantabria

5,26

0,8

4,42

0,8

-16,0

Murcia

33,19

5,0

28,71

5,0

-13,5

Valencia

82,58

12,5

72,83

12,7

-11,8

Castela a Mancha

54,67

8,3

46,20

8,1

-15,5

Canarias

78,61

11,9

69,22

12,1

-11,9

Estremadura

41,03

6,2

34,43

6,0

-16,1

Castela e León

37,79

4,8

25,04

4,4

-21,3

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado español 2013.

Galiza é, despois de Castela e León, a comunidade que sofre un maior recorte, neste caso do 20,6%. Tamén nesta ocasión o descenso é superior á caída media desta partida, que se prevé do 15%. A este 20% de caída temos que engadirlle o 22,7% do ano anterior e o 41% do anos 2011. Así, con esta minoración de fondos, a función deste programa na práctica desaparece.

 

Finalmente, e a xeito de resumo, hai que dicir que estamos ante ns orzamentos “terríbeis” para a clase traballadora e a poboación máis desfavorecida, xa que por un lado detraen fondos destas capas socias para destinalos aos de maiores recursos (sobre todo, á gran banca), e por outro lado, non hai ningunha medida que poida contribuír a saír da crise.

Se non se aposta pola creación de emprego, cun preto dun 25% de persoas no paro, dificilmente imos saír desta situación. Menos emprego implica menos ingresos, menos ingresos implican menor gasto, etc., co cal mingua a recadación sexa directa ou indirecta. Se se recada menos, o Estado ten menos fondos para destinar a gasto social. E así, éntrase nunha espiral en descenso, da que non se ve o final.

Dende que estes orzamentos foron presentados, o Fondo Monetario Internacional estimou á baixa a previsión de evolución do PIB. Segundo este organismo, a caída vai ser do 1,5% e non do 0,5%. Se isto se cumpre, todo o proxecto de orzamento requiriría unha nova revisión.

Vigo, outubro de 2012

Natividad López Gromaz

Gabinete Técnico Confederal.

1