Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 19/10/2012
No encontro, que se realizou nas instalacións da empresa, participaron membros do Comité de Empresa e por parte do BNG asistiron Fernando Branco Parga, Parlamentario, candidato e responsábel de industria do BNG, Mercedes Tobío e Manuel Polo candidatos ao parlamento galego e Pablo Villamar Portavoz municipal do BNG de Narón.
Os traballadores/as expuxéronlle a actual situación na que se atopa a empresa, á espera da resolución da oferta presentada polo persoal para quedarse coa empresa dentro do concurso de acredores.
Por parte dos representantes do BNG, explicaba o Presidente do Comité, Emilio Casas, trasladouse “todo o apoio dentro do concurso de acredores así como o apoio para o desenvolvemento da actividade da empresa unha vez esta saía do concurso de acredores e estea en mans dos traballadores”.
Neste senso, valorouse por ambas partes da necesidades que sexan os propios traballadores e traballadoras quen se faga co control da empresa, xa que así o centro de decisión estaría en Ferrolterra e “non nas mans dos Italianos. Isto suporía suporía situar o centro de decisión fora da nosa comarca e do noso país”.
Unha vez máis, a representación do persoal amosou a súa preocupación ante a oferta presentada polos fillos da familia Godi, donos do grupo italiano que levou a Privilege a actual situación. Oferta que, desconfían, “non é para seguir coa actividade senón para levar a maquinaria e así conseguir o peche de Privilege”.
1