Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 19/10/2012
CIG-Saúde asegura que “non se poden seguir crendo as súas mentiras” e advirte que o rescate do estado español terá as mesmas condicións perversas para a clase traballadora que está a ter en Portugal e Grecia. “A troika non vai ser máis benévola co estado español”, di.
Lembra que nestes días, o Parlamento de Portugal fixo públicos os seus orzamentos, atendendo aos requisitos da troika, para satisfacer as demandas da oligarquía financeira e das institucións europeas. “Orzamentos que terá que elaborar o goberno do Estado Español cando se materialice o segundo rescate”, atendendo ás mesmas demandas e que Rajoy “cumprirá obedientemente”, para logo ser trasladados a Galiza se segue no goberno Feijoo.
Subliñan que en Portugal as nóminas contemplarán un IRPF, para 2013 que, de aplicarse aos salarios do Sergas, provocarán un desconto mínimo dun 32,5% para o antigo grupo E (celador/a, pinche) e até un 49% para o grupo A.
Este é o IRPF que se aplicará en Portugal:
|
SALARIO ANUAL |
RETENCIÓN IRPF |
RECARGO |
TOTAL IRPF |
|
7.000€ |
14.5% |
4% |
18.5% |
|
7.000 A 20.000 € |
28.5% |
4% |
32.5% |
|
20.001 a 40.000 € |
37% |
4% |
41% |
|
40.001 a 80.000 € |
45% |
4% |
49% |
|
+ de 80.000 € |
48% |
4% + 2.5% |
55% |
Ante isto, aseguran que de seguir o camiño de Portugal, como todo parece indicar, se producirá non un recorte salarial, senón “unha incautación legal do noso salario”. Por iso chaman a evitalo e a “votar para botalos”.
1